Doazón e Transplantes

Doazón e Transplantes

En Galicia, desde 1992, a unidade que se encarga de promove-la doazón de órganos dentro e fóra do hospital é a Coordinación Autonómica de Transplantes. Mediante o Decreto 142/2015 de 17 de setembro intégrase na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS). Esta unidade realiza unha serie de actividades encamiñadas á sensibilización da poboación respecto da doazón de órganos. Ademais, promoven a coordinación das distintas unidades implicadas no proceso, que aseguren que todas as operacións se realizan en condicións ideais e coa mínima tardanza posible.