h1

Servizo relixioso
Hospital Clínico Universitario: Na entrada principal a man esquerda, está a capela católica.
Horario de Misas
18:30 horas (luns a sábado)
10:30 e 18:30 horas (domingos e sábados festivos).
Pode necesitar apoio espiritual ou relixioso, non dubide en comunicalo ao persoal de enfermería da súa unidade para poder facilitarllo.
Se practica outra relixión distinta á católica, pódeselle facilitar o contacto cun membro do seu mesma fe.
Prensa
Hospital Clínico Universitario: Situada xunto á entrada principal a man esquerda.
Aparcamento
Hospital Clínico Universitario: Á beira do Hospital hai un aparcadoiro privado. Se vostede quere facer uso del deberá pagar as tarifas fixadas antes de saír do aparcadoiro. Debido á escaseza de prazas para o estacionamento de vehículos, recomendámoslle empregar o transporte público.
Banco
Hospital Clínico Universitario: Existe unha oficina bancaria situada na entrada principal a man esquerda.
Caixeiro automático
Hospital Clínico Universitario: Situados xunto á entrada principal a man esquerda existen dous caixeiros automáticos
Cafetería
Hospital Clínico Universitario: Está situada xunto á entrada principal a man dereita.
Horario de 7:30 - 23:00 horas