h1

Os ingresos programados son realizado a través do Servizo de Admisión, situado na entrada principal do Hospital Clínico Universitario e do Hospital de Conxo.

É aconsellable que veña acompañado dun familiar para formalizar o trámite.

Ao chegar ao hospital diríxase ao Servizo de Admisión onde lle solicitarán os seguintes documentos:

  • Tarxeta sanitaria
  • Documento Nacional de Identidade ( DNI)
  • Informes médicos que posúa relativos a súa saúde e o seu tratamento habitual

No caso de que ingrese en domingo, diríxase ao punto de Admisión do Servizo de Urxencias.

Se desexa que non se coñeza que está ingresado debe advertilo no momento do ingreso. O Complexo Hospitalario garantirá a confidencialidade dos seus datos ( Lei Orgánica 15/1999 de 13 Decembro , Protección de datos de carácter Persoal )

No Servizo de Admisión indicaranlle a súa habitación e proporcionaranlle a documentación do ingreso xunto coa sua pulseira de identificación.

LEMBRE

  • No momento de ingreso facilite ao persoal médico e de enfermería:
    • información médica da que dispón
    • medicamentos que toma
  • Unha vez no hospital non debe tomar medicamentos sen coñecemento do persoal
  • Informe de calquera alerxia ou problema relacionado con medicamentos ou outros produtos (látex, contrastes, alimentos)
  • Se é vostede fumador, interesaralle saber que non está permitido fumar en todo o edificio.

Os OBXECTOS PERSOAIS

  • É conveniente que traia a súa bolsa de aseo, ademais doutros obxectos persoais que necesite, tales como: lentes de contacto, audífonos, próteses dentais, ​etc.
  • Recomendámoslle que non traia obxectos de valor para evitar posibles perdas. No entanto hai unha caixa forte no Hospital á súa disposición.
  • O Hospital non se fai responsable dos obxectos non depositados na caixa.

Non dubide en preguntar calquera dúbida o persoal, estamos a súa disposición para atendelo/a.