A Confederación Española de Alzheimer (CEAFA) é unha Organización non Gobernamental de ámbito nacional, cuxa meta reside en traballar para poñer o Alzheimer na axenda política, buscando o necesario compromiso social e poñendo en valor o coñecemento para poder representar e defender os intereses, necesidades e dereitos de todas as persoas que conviven co Alzheimer.
En www.ceafa.es
A Fundación Alzheimer España creouse, oficialmente, no ano 1991 por iniciativa dun grupo de persoas físicas cuxas familias sufriron as consecuencias desta enfermidade e profesionais (investigadores, clínicos, avogados, economistas...) involucrados nesta patoloxía.
En www.alzfae.org
Espazo ó servizo das persoas coidadoras non profesionais con multitude de contidos canais de acceso.
En www2.cruzroja.es/sercuidadora
Na actualidade a SEGG é unha das sociedades europeas máis numerosa e activa. En continuo crecemento conta, actualmente con máis de 2500 socios, entre os que se atopan médicos (especialistas en xeriatría, en atención primaria, etc), sociólogos, diplomados en enfermería, traballadores sociais, psicólogos, pedagogos, terapeutas, ocupacionais, fisioterapeutas, xeógrafos, arquitectos, economistas, farmacéuticos, etc.. A web ten unha sección con abundante información sobre a figura do coidador de persoas maiores dependentes.
En www.segg.es
Portal dedicado exclusivamente á Enfermidade de Alzheimer. Últimas Noticias · Mellores Consellos · Preguntas Frecuentes · Libros Recomendados.
En www.alzheimer-online.org
O Rincón del cuidador é unha plataforma que proporciona ós coidadores soporte emocional, consellos e protocolos para atender ó familiar dependente.
En www.elrincondelcuidador.es
A Escuela de Cuidadores é un espazo de transmisión dos valores esenciais do coidado, que pon a disposición dos coidadores non profesionais e voluntarios coñecementos, técnicas e habilidades para acompañar con calidade as persoas que se encontran en situación de enfermidade avanzada ou final de vida.
En www.fundacionlacaixa.org