O Grupo Hospitalario Interdisciplinar de Apoio ó Coidador considera a formación como un dos piares básicos sobre os que se sustenta un coidado de calidade.
Un coidador formado nas destrezas necesarias para exercer a súa labor vai ter menos posibilidades de sufrir sobrecarga e estrés, o cal reverterá sobre a súa saúde e sobre a saúde do familiar enfermo.
Para iso, o grupo contempla unha serie de actividades formativas impartidas por diferentes profesionais que foron deseñadas para cubrir as principais demandas dos coidadores.
As actividades publicaranse na páxina web, non obstante, todo aquel que queira recibilas no seu enderezo electrónico ou que se lle informe por teléfono pode poñerse en contacto co Grupo e solicitalo.
Dentro de noso programa de actividades, celebraremos reunións para tratar temas relacionados coa enfermidade e o coidado.
Buscamos crear, en torno á calidez dun café, un ambiente distendido de confianza no que os asistentes poidan expresar inquietudes, compartir experiencias e consellos, e recibir apoio por parte de profesionais.
Os interesados en asistir deberán de poñerse en contacto co Grupo. Posteriormente, organizaranse os encontros intentando que exista afinidade entre os participantes.
O arteterapia é unha forma de psicoterapia que utiliza as artes plásticas como medio de recuperar ou mellorar a saúde mental e o benestar emocional e social.
Súmate ó reto e participa.