A demencia describe un grupo de síntomas e signos que afectan a diferentes dominios cognitivos como a memoria e as habilidades visioespaciais. Está causada polo dano ou a perda das células nerviosas e as súas conexións no cerebro. En función da área do cerebro afectada polo dano, a demencia pode ter un impacto diferente nas persoas e provocar diferentes síntomas.
Enfermidade de Alzheimer. A enfermidade de Alzheimer é a causa máis común de demencia de etioloxía neurodexenerativa e comprende entre un 60% e un 70% dos casos.
Aínda que non se coñecen todas as causas da enfermidade de Alzheimer, os expertos saben que unha pequena porcentaxe está relacionada con mutacións de tres xenes: APP, PSEN1 e PSEN. Si ben son varios os xenes diferentes que probablemente están involucrados na enfermidade de Alzheimer, un xen importante que aumenta o risco é a apolipoproteína E4 (APOE).
Os doentes con enfermidade de Alzheimer teñen placas e nobelos de proteínas pregadas anormalmente. As placas son grupos dunha proteína chamada beta amiloide, e os nobelos son nobelos fibrosos compostos de proteína tau. Créese que estes grupos danan as neuronas sanas e as fibras que as conectan. Outros factores xenéticos poderían facer máis probable o desenvolvemento da enfermidade de Alzheimer.
Demencia vascular. Este segundo tipo máis común de demencia é causado polo dano ós vasos que subministran sangue ó cerebro, xa sexan grandes arterias ou pequenos vasos que nutren anormalmente a sustancia branca profunda. Os síntomas máis comúns da demencia vascular inclúen dificultades para resolver problemas, lentitude de pensamento, concentración e organización. Estes tenden a ser máis notorios que a persa de memoria.
Demencia con corpos de Lewy. Os corpos de Lewy son agrupacións anormais de outra proteína, a alfa-sinucleína, que aparece tamén na enfermidade de Parkinson. A clínica deste tipo de demencia pode incluír parkinsonismo, alteracións do sono, ideación de delirante complexa, alucinacións visuais e flutuación da gravidade segundo os días.
Demencia frontotemporal. Este é un grupo de enfermidades caracterizadas pola dexeneración das células nerviosas e as súas conexións nos lóbulos frontais e temporais, as áreas xeralmente asociadas coa personalidade, o comportamento e a linguaxe. Os síntomas comúns afectan ó comportamento, a personalidade, o pensamento, o xuízo, a linguaxe e o movemento.
Demencia mixta. Diferentes estudos baseados en autopsias coinciden en que con frecuencia en pacientes máis de 80 años coexisten diferentes tipos de demencias. A combinación máis frecuente é enfermidade de Alzheimer e demencia vascular. Estanse realizando estudos para determinar a forma en que o feito de ter demencia mixta afecta ós síntomas e ós tratamentos.
A demencia é unha das principais causas de discapacidade e dependencia entre as persoas maiores en todo o mundo. Pode resultar esmagadora non só para quen a padecen, senón tamén para os seus coidadores e familiares. A miúdo hai unha falta de concienciación e comprensión da demencia, o que pode causar estigmatización e supoñer un obstáculo para que as persoas acudan ós oportunos servizos de diagnóstico e atención. Con frecuencia xorden presións físicas, emocionais e económicas que poden causar mucho estrés ás familias e coidadores, que necesitan recibir apoio por parte dos servizos sanitarios, sociais, financeiros e xurídicos pertinentes.
Fonte: Elaboración propia a partir de diferentes referencias.