No Servizo de Aparato Dixestivo desenvolveuse un sistema de traballo orientado ao paciente, definindo unha carteira de servizos que non só oferta procedementos diagnósticos e terapéuticos, senón tamén programas asistenciais coordinados entre niveis, executando os procesos e establecendo os programas de forma multidisciplinar e baixo criterios de axuste á evidencia científica, estandarización e mellora continua, todo iso nunha contorna de eficiencia no que a motivación profesional é á vez unha característica e un requisito fundamental.