HiddenAnchor
Galego
Castellano
A nosa organización
Formación e Docencia
Novos contidos
Temas
Doazóns e Transplantes
Emprego público
Formación e Docencia
Información sobre saúde
Investigación
Oferta asistencial
Práctica clínica
Sobre a nosa organización
Público
Cidadanía
Empresas
Profesionais
Interésame
A miña situación nas listas de espera
Cambiar de médico
Citas
Doazóns
Estou formándome
Estou investigando
Facer unha consulta, suxestión ou reclamación
Guías
Realizar tramites relacionados coa miña tarxeta sanitaria
Rexistro de instrucións previas
Solicitar a miña folla de medicación activa
Solicitar a miña historia clínica
Son un profesional da saúde
Teño que ingresar
Ver os meus informes de alta
h1
Público
Cidadanía
Carteira de servizos da Unidade de Nutición Clínica e Dietética
Carteira de servizos da Unidade de Nutición Clínica e Dietética
Na área Hospitalaria:
Asistencia a pacientes hospitalizados a cargo de Endocrinoloxía e Nutrición, con patoloxía nutricional.
Asistencia a pacientes hospitalizados a cargo doutro servizo, a cargo doutros servizos con enfermidades nutricionais ou complicacións nutricionais derivadas da súa enfermidade a petición do seu médico responsable ou atendendo a protocolos específicos (ex.: cribado nutricional).
Desnutrición calórica-proteica.
Síndromes de malabsorción intestinal.
Enfermidades crónicas.
Erros congénitos do metabolismo.
Enfermidades caquectizantes (neoplasias, SIDA).
Pacientes en situacións críticas (Coidados intensivos, grandes queimados, etc.).
Disfagias de tipo mecánico (acalasia, cancro de esófago, patoloxías da área ORL e maxilofacial, etc.).
Disfagias de tipo neurológico (ictus, Parkinson, demencias, ELA, parálises supranuclear progresiva, etc.).
Pacientes postquirúrgicos.
Postoperatorio de cirurxía bariátrica.
Alerxia alimentaria.
Trastornos da conduta alimentaria.
Detección e abordaxe terapéutico dos pacientes con desnutrición relacionada coa enfermidade (DRE).
Posta en marcha e xestión de protocolos de Cribado Nutricional.
Valoración do estado nutricional dos pacientes ingresados subsidiarios ou non de recibir unha intervención nutricional (oral, enteral, parenteral).
Prescrición, control e seguimento de pacientes con soporte nutricional (oral, enteral, parenteral) no hospital.
Participar na Xestión dos accesos para a administración de nutrición artificial (accesos venosos e dixestivos).
Participar no Control do Sistema de distribución de alimentos do centro hospitalario de forma centralizada. Confección do manual codificado de dietas, planificación das dietas basales opcionais e terapéuticas codificadas, incluíndo as dietas especiais. Control e supervisión do cumprimento do código de dietas.
Participar na xestión da área Hostaleira do Hospital, mediante as especificacións técnicas para a adquisición, recepción, almacenamento, elaboración e distribución dos alimentos.
Asistencia aos pacientes que precisen exploracións no ámbito da composición corporal e/ou funcionalidade (en colaboración con outros membros do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición):
Avaliación funcional metabólico-nutricional: Realización de probas funcionais, de composición corporal e estudos metabólicos
i. Realización de calorimetría indirecta e outras técnicas.
ii. Valoración de composición corporal: realización de impedancia bioleléctrica, DEXA etc.
iii. Valoración antropométrica.
iv. Realización de dinamometría.
v. Avaliación funcional de disfagia.
Nutrición enteral ou parenteral domiciliaria que precise de infraestrutura hospitalaria (inicio de tratamento ou manexo de complicacións).
Recambio de sondas de ostomía .
Tratamento de deficiencias nutricionais específicas (administración de ferro intravenoso, vitaminas, oligoelementos, etc.).
Trastornos da conduta alimentaria (en colaboración con outros membros do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición).
Educación sanitaria grupal ou individual dirixida a pacientes con trastornos metabólicos e/ou nutricionais.
Na área Ambulatoria
Consulta Externa de Nutrición: Atención á demanda de consultas relacionadas con nutrición, obesidade e enfermidades metabólicas do resto de servizos hospitalarios e atención primaria, seguimento pre e posquirúrgico de pacientes sometidos a cirurxía bariátrica (en colaboración con outros membros do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición), atención e seguimento de pacientes con trastornos nutricionais de calquera causa, trastornos da conduta alimentaria (en colaboración con outros membros do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición), valoración e/ou apoio nutricional prequirúrgicos ou en pacientes oncolóxicos.
Prescrición, control e seguimento de pacientes con Nutrición Artificial Domiciliaria e Ambulatoria (nutrición enteral ou parenteral).
Educación específica sobre utilización de sondas, sistemas, vías de acceso, tipo de administración e bombas de perfusión para a nutrición enteral ou parenteral.
Educación en prevención de complicacións e resolución de problemas en domicilio derivados da nutrición enteral e parenteral.
Educación sanitaria dirixida a pacientes, con especial atención a trastornos metabólicos e nutricionais.
Ordenar
Sen agrupar
Non se atopou ningún resultado asociado
Enviar a un amigo
2952 votos
Votar
Votar
Imprimir
Converter en PDF
Compartir
Clasificación
Categorías:
Público,
Cidadanía,
Profesionais
Temas,
Oferta asistencial,
Servizos sanitarios,
Sobre a nosa organización