A Fundación para a Investigación, ou Desenvolvemento e a Innovación Ramón Domínguez (Fundación Ramón Domínguez) constituída a partir da fusión da Fundación IDICHUS, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, e a Fundación FIDI-Xeral Calde, do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, é unha fundación de interese galego, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.
As actividades da Fundación Ramón Domínguez enmárcanse en catro grandes ámbitos:
- A xestión especializada da investigación.
- A promoción da investigación en liña coas directrices das Áreas Sanitarias de Santiago e Lugo e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) en particular.
- A innovación como ferramenta de transferencia á sociedade dos resultados da investigación.
- O fomento das alianzas con actores estratéxicos da súa contorna.