h1

¿QUE É A UNIDADE DE HOSPITALIZACIÓN DE SAÚDE MENTAL INFANTO-XUVENIL?
clinico

É unha Unidade hospitalaria destinada a nenos/as e adolescentes de ata 16 anos de idade con dificultades ou problemas psíquicos (por ex. están nerviosos ou tristes, teñen problemas de comportamento, problemas de alimentación...) que polas súas características fan necesario un ingreso para axudarlles a atoparse mellor e recuperarse.

¿ONDE ESTÁ?
clinico

A Unidade atópase no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, na primeira planta de hospitalización de Pediatría.

¿QUE HAI DENTRO DA UNIDADE?

Esta Unidade pode acoller a sete pacientes. Hai tres habitacións individuais e dúas compartidas, cada unha con baño propio.

Hai tamén un espazo común utilizado para comedor e realizar diversas actividades, unha sala de reflexión e unha sala de espera para as visitas familiares.

Fóra da Unidade dispoñemos dun parque do hospital e unha Escola para continuar coa formación académica.

clinico clinico
¿CON QUE PROFESIONAIS ME VOU A ATOPAR ALÍ?
clinico

O persoal que atende aos pacientes ingresados está formado por profesionais de psiquiatría, pediatría, psicoloxía clínica, enfermería, terapia ocupacional, traballo social, educación, e limpeza.

¿QUE TRATAMENTO VOU A RECIBIR?
clinico

O tratamento depende de cada paciente. En xeral, realízanse tratamentos con medicamentos e psicolóxicos (individuais, en grupo, consello familiar), e sempre co apoio, coidado e orientación do persoal que traballa na Unidade.

¿QUE ACTIVIDADES LEVANSE A CABO?
clinico

Ademais de seguir as rutinas de aseo e comidas e das consultas cos responsables do teu tratamento, na Unidade desenvólvense outras actividades para axudar aos pacientes para sentirse mellor.

Hai un tempo para estar na escola e de estudo, terapia ocupacional, psicomotricidade, tempo de xogo, película…, e tamén visitas e chamadas telefónicas ou por videoconferencia con familiares.

¿COMO VAI A SER A RELACIÓN COA MIÑA FAMILIA DURANTE A ESTANCIA NA UNIDADE?
clinico

Polas características da Unidade non se permite estar acompañado pola familia na habitación como noutras hospitalizacións. Cada día hai destinado un tempo de chamadas e/ou visitas que se van acordando ao longo do ingreso segundo como estea o paciente. En calquera caso, os teus pais poderán chamar sempre que queiran para preguntar que tal che atopas.

¿CANTO TEMPO VOU A ESTAR INGRESADO?

A duración do ingreso dependerá do tempo que o paciente necesite para que se atope ben e poida seguir coa súa vida habitual e co seu tratamento fóra da Unidade.