O enorme esforzo que desenvolvemos no deseño e aplicación de estratexias asistenciais de integración, mellora e innovación na nosa área, e os excelentes resultados logrados, foron recoñecidos pola Fundación Avedis Danabedian co premio Consorci de Salut i Social de Catalunya: Integración Asistencial. Así mesmo, fomos galardoados cos premios BIC (Best in Class) ao mellor Servizo de Cardioloxía de España por tres anos consecutivos (2013, 2014 e 2015), así como o Proceso Asistencial de Insuficiencia Cardíaca (2015).
Excelencias do servizo:
- Xestión Integrada por Procesos Asistenciais (cardiopatía isquémica e rehabilitación cardíaca, insuficiencia cardíaca, arritmias, valvulopatías)
-
Unidade de Coidados Coronarios Agudos (10 camas) e Unidade de Coidados Coronarios Intermedios (14 camas)
-
Planta de hospitalización (36 camas) con telemetría
-
Unidade de Dor Torácica
-
E-consultas (on-line) programa pioneiro en España
-
2 salas de electrofisiología (radioscopia dixital rotacional)
-
2 salas de hemodinámica de alta gama, con programa de anxioplastia primaria 24 horas e programa de implante de prótese valvulares percutáneas e Mitraclip
-
Programa de Asistencia Ventricular
-
Ecocardiografía 3D, SPECT, PET cardio-resonancia e angio-TC coronario con PACs propio
-
3 laboratorios de investigación básica (modelos animais, modelos celulares)
-
53 publicacións en revistas indexadas no Journal Citation Reports
-
Reunións diarias e reunión anual para análise de datos por seccións e fixar obxectivos de melloras
-
Programa de Rehabilitación Cardíaca e Prevención Secundaria