h1

Título

Carteira de servizos do Servizo de Alergoloxía

Texto destacado

Hospital Clínico

A actividade fundamental do Servizo é de carácter ambulatorio, aínda que tamén se atenden pacientes ingresados, adscritos a outros servizos, a través das follas de Interconsulta.


As prestacións asistenciais da especialidade agrúpanse nas áreas de:
  1. PROCESOS (CONSULTA)
  2. PROCEDEMENTOS
  3. PATOLOXIAS
  1. PROCESOS
    • ASISTENCIA EN ÁREA DE CONSULTA EXTERNA, onde se desenvolve a maior parte da súa actividade e onde nacen a docencia e a investigación. Inclúe:
      • Realizar e/ou supervisar as Historias Clínicas, efectuar as exploracións e asistir responsablemente aos enfermos tanto na súa atención directa como na correcta utilización dos medios diagnósticos e terapéuticos.
      • Elaborar protocolos clínico-terapéuticos e de diagnóstico que permitan unificar criterios do persoal facultativo.
      • Emitir informes clínicos.
      • Supervisar as probas diagnósticas (probas cutáneas, probas funcionais respiratorias, probas de provocación,...) que realice o persoal de enfermería.
      • Participar nas actividades programadas do servizo.
    • ASISTENCIA EN INTERCONSULTAS. A requirimento de médicos doutras especialidades, dáse asistencia aos pacientes ingresados noutros servizos que precisen de intervencións diagnósticas ou terapéuticas propias da especialidade.
    • ADMINISTRACIÓN DE TRATAMENTOS: UNIDADE DE INMUNOTERAPIA. Destinada á administración de vacinas alerxénicas, permite unha maior adherencia e control do tratamento, sometendo ao paciente a pautas rápidas de administración que permiten alcanzar antes as doses de mantemento co o que se reduce o tempo de asistencia aos centros sanitarios para recibir doses na fase de inicio do tratamento e se alcanza antes a eficacia clínica. Inclúese aquí a administración dos tratamentos biolóxicos dispoñibles fronte ao asma bronquial, urticaria crónica idiopática e anxioedema bradicinérxico.
    • PAUTAS DE DESENSIBILIZACIÓN: UNIDADE DE PROCEDEMENTOS DE ALTO RISCO. Destinada á realización de pautas de desensibilización a medicamentos e alimentos. No caso dos medicamentos, a unidade destínase a conseguir a administración de fármacos aos que o paciente ten alerxia pero que precisa para o tratamento da súa patoloxía. No caso dos alimentos, destínase á indución de tolerancia ao ovo e leite para conseguir a curación dos pacientes alérxicos que non superasen, de forma natural, esta alerxia e evitar as reaccións fatais tras exposición inadvertida a alimentos.
    • EDUCACIÓN SANITARIA. Ten como obxectivo ensinar ao paciente as técnicas e coñecementos básicos sobre algúns aspectos do tratamento da enfermidade que axuden ao mellor control da mesma. Inclúese información sobre:
      • Medidas de desalerxenización
      • Rratamento domiciliario en caso de crise
      • Utilización dos dispositivos para medicación inhalatoria
      • Monitorización domiciliaria de síntomas e PEF
      • Adestramento no tratamento da anafilaxia
  2. PROCEDEMENTOS. Os principais procedementos que se realizan no Servizo de Alergoloxía inclúen:
    • PROBAS CUTÁNEAS (en todas a súas modalidades):
      • Prick o intraepidérmicas (25 minutos)
      • Intradermorreacción (30 minutos)
      • Epicutáneas (3 visitas: 30, 10 y 10 minutos)
      • Estudo cutáneo de inmunidade celular
    • PROBAS FUNCIONAIS RESPIRATORIAS:
      • Espirometría basal (15 minutos)
      • Proba de broncodilatación (20 minutos adicionais á EB)
      • Proba de exercizo en tapiz rodante (30 minutos)
      • Proba de provocación bronquial: específica (entre 2 e 5-6 horas) e inespecífica (30-45 minutos)
    • PROBAS DE EXPOSICIÓN OU DE TOLERANCIA:
      • Exposición con medicamentos (calquera vía): (60 minutos /dose, intercalando placebos. En observación até 2 horas despois da última dose)
      • Provocación nasal e ocular (entre 2-3 horas, 20-25 minutos por dose)
      • Provocación con alimentos: aberta, simple cego, dobre cego (entre 3-4 horas, 30-60 minutos por dose)
    • INMUNOTERAPIA (30-60 minutos por dose)
    • DESENSIBILIZACIÓN (ou indución de tolerancia): entre 3 e 8 horas.
    • ESTUDOS DE ALERXIA OCUPACIONAL: inclúe, ademais da realización de consulta e probas, a avaliación da actividade realizada en no posto de traballo, investigación dos axentes supostamente responsables, produción de extractos alerxénicos, posta a punto de probas específicas e monitorización de resposta tras exposición en condicións de laboratorio ou no medio laboral. Habitualmente estes pacientes se programan en axendas especiais. A duración dunha primeira visita é de 45 minutos e os estudos complementarios adoitan ser laboriosos e de moita duración.
    • PROBAS FÍSICAS: procedementos encamiñados a identificar axentes físicos responsables da patoloxía alérxica: frío, calor, inmersión, presión, fricción, luz ultravioleta, entre outros. Tempo medio requirido: 30-90 minutos.
  3. PATOLOXÍAS. As principais patoloxías que se estudian no Servizo de Alergoloxía son:
    • Alerxia respiratoria
      • Nasal: Rinite intermitente ou persistente e polipose nasal
      • Bronquial: Asma intermitente ou persistente
      • Outras patoloxías alérxicas: (bronquite eosinofílica, ABPA, alveolite alérxica)
      • Rinite e/ou asma ocupacional
      • Eosinofilias pulmonares
    • Alerxia alimentaria
      • Alerxia alimentaria mediada por IgE
      • Intolerancias a alimentos e aditivos
      • Enterite e esofaxitie eosinofílica
      • Patoloxía por anisakis e outros parasitos
    • Enfermedades oculares
      • Conxuntivite alérxica
      • Dermato-conxuntivite alérxica
    • Inmunopatoloxía
      • Apoio ás inmunodeficiencias primarias
      • Anxioedemas bradicinérxicos nas súas vertentes hereditarias e adquirido por déficit de C1 inhibidor, da súa actividade e factores da coagulación.
    • Enfermidades cutáneas
      • Dermatite de contacto.
      • Dermatite de contacto laboral
      • Dermatite atópica
      • Urticaria e/ou anxioedema
      • Vasculite por hipersensibilidade
    • Procesos xerais
      • Anafilaxia
      • Mastocitose
      • Alerxia a látex
    • Reaccións adversas a medicamentos
      • Alerxia ou hipersensibilidade a grupos farmacolóxicos
      • Valoración da toxicodermia por fármacos
      • Reaccións a medios de contraste radiolóxico
    • Outros
      • Alerxia a picadura de himenópteros e outros insectos.
    • Tratamento das enfermidades alérxicas
      • Inmunoterapia específica
      • Anti IgE
      • Outros tratamentos inmunomoduladores
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais, Persoal licenciado sanitario, Persoal de xestión e servizos, Investigadores/as

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Formación e Docencia

Interésame

-

Grupos de información

-