h1

Título

Docencia no Servizo de Anestesioloxía

Texto destacado

imaxe docencia

Formación MIR

O S. de Anestesioloxía do CHUS participa na formación de residentes ó través do desenvolvemento dun percorrido formativo que supón a adaptación do Plan da Especialidade e que aproba anualmente a Comisión de Docencia do Complexo.

Ademáis dunha activdade teórica concretada en sesións semanais, a aprendizaxe dos residentes materialízase en seminarios prácticos e xornadas anuais de simulación, engadíndose ás actividades periódicas que organiza a Asociación Galega de Anestesia, Reanimación e Terapéutica da dor e os frecuentes cursos promovidos polo Complexo.

O obxectivo común de tódolos membros do Servizo de Anestesioloxía redunda en lle ​ofrecer ó futuro anestesiólogo unha capacitación integral, baseada na consecución dunha sólida formación clínica e no desenvolvemento das habilidades non-técnicas inherentes á profesión.

A información completa sobre a formación MIR en Anestesioloxía pódese atopar nos seguintes vencellos:

Formación Continuada
Vencellos de interese:
Formación Pregrao Medicina

Os obxectivos propostos para esta parte específica da docencia, e as actitudes e habilidades que o alumno debe adquirir pódense resumir en:

  • Preparación do alumno para a ensinanza da Patoloxía Médico Cirúrxica. O alumno debe coñecer os potenciais problemas que crean os tratamentos cirúrxicos dos enfermos.
  • Preparación do alumno para a atención do paciente que presenta un cadro que compromete a súa vida.
  • Deberá poder realizar unha Historia Clínica Xeral e unha Historia Clínica dirixida a un paciente cun síndrome doloroso, así coma a exploración correspondente e solicita-las probas complementarias máis importantes.
  • Deberá coñecer as áreas de Coidados Críticos Postoperatorios, identificando os principais sistemas de tratamento que existen e as súas bases de funcionamento.
  • Deberá saber que, inda que hai enfermidades que non teñen tratamento efectivo, a dor pódese aliviar sempre.
  • Deberá familiarizarse co emprego de analxésicos opioides e non opioides, e coñecer a existencia doutras técnicas analxésicas que poden ser empregadas diante do fracaso dos analxésicos.

Vínculos de interés:

 

Etiqueta

docencia, formación, mir, resident

Público

Cidadanía, Profesionais, Persoal licenciado sanitario, Persoal sanitario diplomado ou técnico, Investigadores/as

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Formación e Docencia, Formación

Interésame

Estou formándome

Grupos de información

-