h1

Título

3 - ¿Como funciona o Banco de Leite Materno?

Texto destacado

Banco Leite

O leite materno doado ao Banco de Leite é identificado, procesado e conservado nas condicións idóneas que garanten o seu uso seguro para a alimentación dos neonatos.

Recepción. O leite doado recíbese fresco se está recén extraído ou preferiblemente conxelado se vén de casa, durante o horario de funcionamento do Banco (08:00 – 15:00 h.). Á súa entrada no Banco de leite, procédese á súa etiquetaxe, na que figura identificación de doador (número de doador), data de parto, data de extracción do leite e data de entrada no Banco de leite, e almacénase a -20ºC ata a súa pasteurización.

Procesamento. O punto fundamental do procesamento do leite doado é a pasteurización, mediante a que se asegura a eliminación dos axentes infecciosos potencialmente transmisibles a través do leite humano. Son realizados os correspondentes controis microbiolóxicos do leite pasteurizado para avaliar a súa seguridade dende o punto de vista infeccioso. Unha vez pasteurizado e cos resultados aptos do control microbiolóxico, o leite é almacenado novamente conxelado a -20ºC ata a súa dispensa. O tempo máximo de almacenamento post-pasteurización adoita establecerse en 3 meses.

Dispensa. O leite almacenado é dispensado por prescrición médica aos neonatos enfermos, fundamentalmente prematuros.

As indicacións prioritarias, segundo as reservas, son:

  • Nenos prematuros con risco de enterocolite necrotizante
  • Prematuros <32 s e/ou <1500 gr
  • RCIU con alteración doppler
  • Patoloxía dixestiva (malformacións, postoperatorio, síndrome de intestino curto)
  • Cardiopatías cianóticas ou de baixo gasto
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía

Temas

Sobre a nosa organización, Campañas de promoción, Oferta asistencial, Servizos sanitarios

Interésame

-

Grupos de información

A nosa organización