h1

Título

1 - ¿Que é o Banco de Leite Materno?

Texto destacado

Banco Leite

O Banco de Leite Materno está adscrito á Unidade de Neonatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago e é a unidade encargada de recoller, procesar, almacenar e distribuír leite materno doado de forma altruísta por aquelas nais que así o desexan, para beneficio dos recentemente nados que a necesiten e que a obteñen tamén de forma gratuíta.

Ubícase no Hospital Clínico Universitario de Santiago e nace cos seguintes obxectivos:

  • Proporcionar leite materno aos pacientes da Área de Neonatoloxía desta Xerencia que circunstancialmente non poidan obtela das súas propias nais.
  • Proporcionar leite materno a outros Hospitais do ámbito sanitario/Comunidade Autónoma que así o soliciten.
  • Proporcionar leite materno a outros pacientes de características especiais nos que se demostrou o beneficio da lactación materna. O leite materno de banco fóra do período neonatal está indicado nas seguintes situacións:
    • Déficit de IgA e Alerxias
    • Tratamento do fallo de medro
    • Tratamento na insuficiencia renal
    • Tratamento de Erros Conxénitos do Metabolismo
    • HIV materno
  • Fomentar a lactación materna a nivel hospitalario e o perfeccionamento das técnicas que colaboran no mantemento da lactación, como a expresión do leite ou a súa conservación para a alimentación dos recentemente nacidos. A experiencia noutros países demostrou que a instauración dun Banco de Leite materno aumenta as taxas de lactación materna na rexión onde se implantou.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía

Temas

Sobre a nosa organización, Campañas de promoción, Oferta asistencial, Servizos sanitarios

Interésame

-

Grupos de información

A nosa organización