h1

Título

Lactación materna e Banco de Leite Materno

Texto destacado

lactacion materna

A lactación materna é a forma ideal e natural de achegar aos nenos e nenas nutrientes que necesitan para un crecemento e desenvolvemento saudables. A pesar de recoñecerse a súa repercusión positiv​a, o índice de lactación materna é mellorable mediante unha política de promoción da lactación materna que adopte os criterios globais mínimos da Iniciativa da Humanización da Asistencia ao Nacemento e a​ Lactación (IHAN da OMS/UNICEF).

A xerencia conta cunha normativa escrita de lactación dirixida a todos os profesionais, co fin de unificar a actuación, garantir a súa competencia, facilitar a continuidade na implantación de boa práctica e, en definitiva, ofrecer unha atención humanizada e de calidade.

A xerencia conta cun Banco de Leite Materno, que é un centro especializado, responsable da promoción e apoio á lactación materna, e da recolección, procesamento, control de calidade e dispensa do leite de nai doada a calquera neno/a que a precise. Tanto a doazón como a dispensa son gratuítas. E a dispensa faise baixo criterio médico.

O modelo de banco recolle leite de nais donantes de varias áreas sanitarias de Galicia, e permite dispoñer de leite humano en calquera momento para iniciar a alimentación trófica a todos os neno/as doentes ou prematuros, á espera de que as súas nais póidanlles dar o seu propio leite.

O leite de nai é un produto biolóxico e tanto no seu procesamento como na súa conservación, do mesmo xeito que ocorre coa doazón de sangue, precisa dun manexo experto que garanta a súa seguridade e a preservación das súas propiedades nutricionais e inmunolóxicas.

 

Etiqueta

lactació

Público

Cidadanía

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Sobre a nosa organización, Campañas de promoción

Interésame

Doazóns

Grupos de información

A nosa organización