h1

Título

Solicitude de Copia de Historia Clínica

Texto destacado

Pode presentarse en calquera dos centros sanitarios da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela empregando o modelo establecido.

Teñen dereito a solicitala:

  • Paciente
  • Representantes legais do paciente ou autorizados
  • Menores: proxenitores titulares da patria potestade/ titores legais de menores de 16 anos
  • Persoas incapacitadas: o titor legal
  • En caso de pacientes falecidos: cónxuxe ou persoa vinculada por relación de feito similar; ascendentes e descendentes directos de 1º grado de consanguinidade (pais, fillos); parentes colaterais de 2º grao de consanguinidade (irmáns).
  • No caso de persoas con outros grados de vinculación familiar ou de feito, debe acreditarse interese lexítimo e estar convenientemente motivada, que serán valorados polos responsables de tramitación.
  • Por un terceiro, por risco obxectivo para a súa saúde.

No momento de presentar a solicitude aportarán o formulario de petición debidamente cumprimentado e a documentación acreditativa (ver documento INFORMACIÓN SOLITUDE DOCUMENTACIÓN CLÍNICA)

Na solicitude pode indicarse a motivación, que en todo caso é obrigada no caso de acceso de terceiros por risco obxectivo para a súa saúde.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía

Temas

-

Interésame

Solicitar a miña historia clínica

Grupos de información

-