Especialistas do enfermo e a enfermidade con aproximación global e integral á patoloxía. No Hospital da Barbanza o Servizo de Medicina Interna ocúpase da maior parte da actividade asistencial intrahospitalaria no paciente ingresado con papel clave no paciente de idade e/ou pluripatolóxico. Funcionan como consultores e coordinadores das restantes especialidades. Aseguran a atención ao paciente mediante gardas presenciais 24 horas ao día durante 365 días ao ano.
Manteñen comunicación estreita cos Servizos de atención primaria da comarca.
- Tarefas ordinarias: Hospitalización da área médica, interconsultas (principalmente médicas en pacientes cirúrxicos e telefónica con atención primaria, consulta externa de medicina interna (unhas 10 semanais que reciben pacientes de atención primaria, urxencias e restantes especialidades).
- Tarefas especiais: Gardas presenciais de 24 horas, participación en Comisións científicas da EOXI, MAPA (monitoraxe ambulatoria de tensión arterial), ecografia clínica básica e para procedementos guiados (abdominal, cardíaca e de tecidos brandos), acollida e formación de alumnos e residentes, publicacións e relatorios, sesións clínicas de Servizo do Hospital e da EOXI. Prescrición electrónica para os pacientes ingresados desde 2006.
Composición do Servizo: 8 Facultativos especialistas en Medicina Interna, enfermaria e auxiliares de enfermaria. Secretaría do Servizo.
Contacto |
Modalidades Asistenciais |
Hospitais nos que está presente |
- Teléfono: 981 835 985
- Correo electrónico: _BBZInternistas@sergas.es
|
- Consultas Externas
- Hospitalización
- Urxencias
|
|
Técnicas Especiais |
MAPA
|
Pulsioximetria
|
Biopsia hepática
|
Punción lumbar
|
Toracocentese e paracentese
|
Soporte avanzado de vida
|
Otoscopia
|
Ecografia
|
Unidades Especiais |
Camas de ingreso hospitalario
|
Consultas externas
|
Despacho médico e sala de xuntas
|