h1

Título

Servizo de Psiquiatría

Texto destacado

clinico

O Servizo de Psiquiatría e promoción da Saúde Mental da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, ocúpase da prevención, avaliación, diagnóstico, tratamento e rehabilitación dos trastornos mentais e do comportamento da área Sanitaria de Santiago de Compostela, e os municipios de A Estrada, Lalín e Cuntis, da área Sanitaria de Pontevedra. O Servizo conta coa estrutura de dispositivos asistenciais máis completa da Comunidade, polo que resulta o lugar de referencia comunitario para a formación de especialistas en Psiquiatría e Saúde Mental. Conta con formación acreditada para médicos Psiquiatras (MIR) e Psicólogos Clínicos (PIR), e en trámites de contar coa acreditación docente multiprofesional, que incluiría a formación de Enfermería en Saúde Mental (EIR).

Na actualidade, existe unha única cultura e pleno funcionamento coordinado de todos os dispositivos de atención psiquiátrica e saúde mental da área, con funcionamento integrado coas unidades de atención a drogodependentes, en base á atención comunitaria, que ten como eixo central as unidades de saúde mental e como filosofía a continuidade de coidados de saúde en coordinación con Atención Primaria.

MISIÓN DO SERVIZO DE PSIQUIATRÍA E SAÚDE MENTAL
  • Adaptarse ás novas demandas emerxentes, sentidas pola poboación e o resto dos profesionais da medicina.
  • Ofrecer os últimos avances tecnolóxicos, unidos á histórica experiencia clínica demostrada, sempre desde a perspectiva da evidencia científica, adaptada á nosa realidade sociocultural e ao mellor aproveitamento posible dos recursos.
  • Xestionar adecuadamente os recursos da área con criterios de calidade eficiencia e efectividade.
  • Mellorar a integración dos nosos pacientes na sociedade mellorando os seus síntomas e discapacidades, favorecendo a adquisición de habilidades e erradicando o estigma negativo da enfermidade mental.
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Desordes mentais, Adiccións e drogodependencias

Interésame

-

Grupos de información

-