h1

Título

Servizo de Reumatoloxía

Texto destacado

Reumatoloxía 01

O Servizo de Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela (XXIS), é unha unidade asistencial dedicada ao estudo, diagnóstico, tratamento e prevención das enfermidades reumatolóxicas, e vén desenvolvendo nos últimos anos unha estratexia de mellora continua da calidade, nos aspectos asistencial, investigador e docente.

Apostouse decididamente pola posta en marcha de procesos de innovación sanitaria na implantación de tecnoloxía diagnóstica e terapéutica, creando servizos asistenciais únicos e de calidade a base de redeseñar o que debe ofrecer a moderna Reumatoloxía. Así, implantamos procesos integrados asistenciais e de continuidade que proporcionan unha mellor satisfacción ao paciente. Puxemos especial empeño na sustentabilidade, a escalabilidade e a eficiencia no uso de recursos terapéuticos sendo un dos obxectivos plurianuais do Servizo a continua mellora no gasto coa maior eficacia posible.

Coa máxima en xestión de colocar ao paciente no centro da actividade, o Servizo está deseñado para ofrecer uns servizos de calidade similares aos estándares dos mellores de Europa. Ofrecemos unha atención integral, desde o diagnóstico ao tratamento, que inclúe ademais un seguimento próximo mediante unha consulta de enfermería que monitora cada dous meses a aqueles pacientes que presentan enfermidades inflamatorias, proporcionamos información detallada tanto oral como escrita mediante pasquíns dos procesos que sofren os pacientes, e reunímonos con eles e os seus familiares mediante as asociacións de pacientes de forma regular como máximo unha vez cada tres meses.

A atención integral ao paciente esténdese tamén a aquelas comorbilidades presentes que acompañan ás enfermedadeas reumáticas e que son a causa potencial de mortalidade. Tentamos ofrecer os últimos adiantos en tratamento con fármacos mediante a nosa Unidade de Ensaios clínicos para aquelas enfermidades que máis imposibilitan aos pacientes e considerámonos autosuficientes ao dispoñer de todas as técnicas e procedementos diagnósticos propios da especialidade.

reuma1.png 

Etiqueta

reumatoloxía, serviz

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades conxénicas

Interésame

-

Grupos de información

-