h1

Título

Servizo de Neuroloxía

Texto destacado

clinico

Presentación

O Servizo de Neuroloxía da estrutura organizativa da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela (XXIS), ten por obxectivo o diagnóstico, tratamento e prevención das enfermidades neurolóxicas da poboación incluída na súa área de referencia, así como doutras Áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

O Servizo de Neurología foi designado Servizo de Referencia do Sistema Nacional de Saúde (C.S.U.R.) polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, para Epilepsia refractaria (2010), Cirurxía dos trastornos do movemento (2012) e Esclerose Múltiple (2012), capacitándoa para a asistencia de pacientes afectos destas patoloxías provenientes doutras comunidades autónomas.

O servizo de Neuroloxía integra a atención dos pacientes de Urxencias, hospitalización, Unidade de Ictus, consultas externas e gabinetes de probas funcionais, e colabora cos demais Servizos e Unidades hospitalarias co obxectivo de ofrecer unha atención especializada, completa e personalizada. Así mesmo, actúa de forma integrada con outros dispositivos asistenciais (atención primaria, atención especializada ambulatoria, hospitais comarcais, etc.) para garantir a continuidade asistencial dos nosos pacientes.

Dispón das seguintes Unidades especializadas: movementos anormais, deterioración cognitiva, neuropsicoloxía, epilepsia, neurooncoloxía, neuroxenética e enfermidades raras, neurovascular, ictus, neurosonoloxía, telemedicina, neurocardioloxía, cefaleas, esclerose múltiple, neuromuscular e hospital de día.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades do sistema nervioso

Interésame

-

Grupos de información

-