h1

Título

Servizo de Aparello Dixestivo

Texto destacado

Presentacion dixestivo

O Servizo de Aparello Dixestivo da área Sanitaria de Santiago de Compostela desenvolveu ao longo dos últimos anos un modelo de xestión axustado á misión e os obxectivos institucionais de suficiencia científico-técnica, calidade e eficiencia, orientado ao paciente, de perfil matricial, baseado na realización de programas asistenciais horizontais e a xestión por procesos, con estandarización e acreditación dos mesmos, así como no deseño de ciclos de mellora continua. Os recursos humanos (facultativos especialistas, médicos residentes, persoal de enfermería, auxiliares de enfermería, auxiliares administrativos, celadores) xogan neste proxecto un papel primordial pola súa elevada cualificación, motivación e dedicación.

O Servizo desenvolveu unha carteira de servizos capaz de cubrir plenamente as necesidades da poboación atendida. No modelo organizativo priorizar as áreas de exploracións e consultas, a coordinación entre niveis e servizos, a consulta telemática e os procesos de alta resolución, ademais loxicamente da área de hospitalización. É filosofía do Servizo o que a hospitalización é só unha situación transitoria, dentro da asistencia por procesos, cuxa única xustificación é a prestación de coidados non ofertables doutra forma.

Contacto:

Servizo de Aparello Dixestivo

Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Edificio A de hospitalización, 4º andar, bloque D.

Travesía de Choupana s/n

15706-Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 950440

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades do sistema dixestivo

Interésame

-

Grupos de información

-