h1

Título

Carteira de Servizos en Atención Primaria

Texto destacado

C.S. Fontiñas

O modelo do Sistema Público de Saúde de Galicia establece que a atención esencial da saúde é prestada polo nivel de Atención primaria nos Centros de saúde ou Consultorios, situados preto do lugar de residencia da cidadanía.

A medicina xeral ou de familia está ao alcance de todos os individuos e familias galegas para resolver problemas de saúde comúns, realizar actividades preventivas e garantir a atención integral e continuada dos pacientes.

A Atención primaria é proporcionada por un equipo de diferentes especialidades e disciplinas, tales como, a medicina de familia, a enfermaría, a pediatría, a farmacia, a odontoloxía ou a fisioterapia.

Dado que o seu obxectivo é atender os problemas de saúde desde unha perspectiva integral, continua e próxima ao domicilio dos pacientes, a tendencia do sistema sanitario é facilitar cada vez máis servizos a este nivel.

A Atención primaria realiza actividades de promoción da saúde, vixilancia e información, diagnóstico e tratamento.

Estes servizos ofrécense con carácter ordinario, nos Centros de Saúde en horario habitual, e con carácter continuado, a través dos dispositivos de urxencias.

As prestacións ofrecidas recóllense no que se denomina carteira de servizos:

    • ● Vacinacións infantís de 0 a 14 anos
    • ● Programa do neno san:
      • ● Revisións de 0 a 23 meses
      • ● Revisións de 2 a 5 anos
      • ● Revisións de 6 a 14 anos
    • ● Educación para a saúde
    • ● Saúde bucodental
    • ● Captación e valoración da muller embarazada
    • ● Seguimento da muller embarazada
    • ● Preparación ao parto
    • ● Visita no primeiro mes postparto
    • ● Información e seguimento de métodos anticonceptivos
    • ● Vacinación da rubéola
    • ● Diagnóstico precoz do cancro de cérviz
    • ● Diagnóstico precoz do cancro endometrio
    • ● Diagnóstico precoz do cancro de mama
    • ● Atención á muller no climaterio
    • ● Vacinacións (gripe, tétanos, hepatite «b» a grupos de risco)
    • ● Prevención de enfermidades cardiovasculares
    • ● Atención a pacientes crónicos: hipertensión arterial
    • ● Atención a pacientes crónicos: diabete
    • ● Atención a pacientes crónicos: EPOC
    • ● Atención a pacientes crónicos: obesidade
    • ● Atención a pacientes crónicos: hipercolesterolemia
    • ● Atención a pacientes con VIH-SIDA
    • ● Educación para a saúde a grupos de pacientes crónicos: diabete
    • ● Educación para a saúde a outros grupos
    • ● Atención domiciliaria a pacientes inmobilizados
    • ● Atención a pacientes terminais
    • ● Atención ao consumidor excesivo de alcohol
    • ● Prevención e detección de problemas no ancián
    • ● Cirurxía menor en atención primaria
    • ● Atención á mocidade
    • ● Tratamentos fisioterápicos básicos
    • ● Poboación infantil de 0 a 14 anos:
      • ● Información e educación en materia de hixiene e saúde bucodental
      • ● Detección precoz da mala oclusión
      • ● Aplicación profesional tópica de flúor
      • ● Colocación de selados en fisuras
      • ● Obturación de carie simple en dentes permanentes
    • ● Adultos e grupos de risco:
      • ● Información e educación en materia de hixiene e saúde bucodental
      • ● Exploración preventiva da cavidade oral
    • ● Xestantes:
      • ● Exploracións preventivas da cavidade oral
      • ● Educación para a saúde bucodental
      • ● Limpeza con ultrasóns
    • ● Poboación xeral:
      • ● Tratamento dos procesos agudos odontolóxicos e das urxencias
    • ● Tratamentos psicoterapéuticos
 

Etiqueta

servizos, atención primari

Público

Cidadanía

Temas

Oferta asistencial, Asistencia sanitaria, Servizos sanitarios

Interésame

Citas

Grupos de información

-