h1

Título

Atención ó Paciente e Humanización

Texto destacado

Atención ó Paciente

Un hospital amable, centrado nas persoas, debe propoñerse salvagardar a vida, curar, minimizar as secuelas e procurar o benestar dos seus pacientes, axudando a que a persoa e a súa familia pasen o mellor e antes posible o contratempo que supón a irrupción dunha enfermidade e discapacidade na súa vida. Un ambiente humanizado axuda ao paciente porque xera máis confianza e percepcións positivas, tanto nel como no seu familiar.

  • Promovemos a empatía dos profesionais para aproximarse a pacientes, familias e coidadores e lograr que estes sentan arroupados no centro.
  • O coidado das emocións mediante un ambiente máis tranquilo e un espazo adecuado
  • As contornas físicas con efecto terapéutico
  • O efecto terapéutico da música que diminúe a tensión
  • O acompañamento do paciente e o coidado dos aspectos lúdicos
  • A axuda a familias a manexar emocionalmente todos os acontecementos que vivirán ao longo da súa enfermidade
  • A axuda no retorno ao domicilio
 

Etiqueta

calidade, atención ó doent

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Dereitos e deberes, Servizos sanitarios

Interésame

Facer unha consulta, suxestión ou reclamación

Grupos de información

A nosa organización