O novo Espazo Asociativo da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela é un lugar orientado a promover a comunicación directa entre os pacientes e as asociacións de pacientes. As asociacións de pacientes teñen como finalidade prestar un apoio adicional aos pacientes e as súas familias en aspectos que complementan a atención prestada nos diferentes centros sanitarios.
Os Obxectivos son:
- Facilitar as funcións das asociacións de pacientes relativas a información asesoramento, orientación e captación de interesados.
- Promover a interacción entre as asociacións e os centros sanitarios na actividade diaria.
- Crear un entorno de coñecemento mutuo entre as asociacións, os profesionais e a propia Xerencia.