h1

Título

Investigación no Servizo de Aparato Dixestivo

Texto destacado

Investigacion Dixestivo

 

O grupo de investigación en Enfermidades Dixestivas está integrado no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). As liñas básicas de investigación do grupo céntranse en:

  • Estudos de investigación translacional e clínica en enfermidades do páncreas:
    • Pancreatitis aguda
    • Pancreatitis crónica
    • Cancro de páncreas
    incluíndo aspectos de fisiopatología, desenvolvemento de biomarcadores , diagnóstico precoz e tratamento.
  • Estudos de investigación translacional e clínica en enfermidade inflamatoria intestinal:
    • Enfermidade de Crohn
    • Colitis ulcerosa
    incluíndo aspectos de etiopatogenia (microbiota), marcadores de predición de brote, diagnóstico precoz e tratamento.
  • Estudos de desenvolvemento de novas técnicas asociadas á ecografía endoscópica:
    • Elastografía
    • Contrastes harmónicos
    • Evaluación multimodal pancreática basada en ecoendoscopia
    incluíndo aspectos de desenvolvemento tecnolóxico, avaliación diagnóstica e aplicación clínica.
  • Estudos de investigación básica e translacional en fisioloxía e fisiopatología gástrica e adenocarcinoma gástrico:
    • Sistema obestatina/GPR39 e o seu papel en:
      • Secreción de pepsinógeno
      • Secreción de lipasa gástrica
      • Cancro gástrico
    incluíndo aspectos de fisioloxía, oncogénesis, papel prognóstico e potenciais dianas terapéuticas en cancro gástrico.

Xunto a estas liñas propias, o Servizo dispón dunha Unidade de Ensaios Clínicos que participa en numerosos ensaios clínicos fases II, III e IV a solicitude das empresas farmacéuticas, basicamente na área de Enfermidade Inflamatoria Intestinal.

 

 

Etiqueta

dixestivo, investigació

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Investigación, Información sobre saúde, Enfermidades do sistema dixestivo

Interésame

-

Grupos de información

-