h1

Título

Docencia no Servizo de Aparello Dixestivo

Texto destacado

Docencia Dixestivo


O Servizo de Aparello Dixestivo é un centro de excelencia docente internacional na especialidade. O Servizo ofrece e realiza actividades docentes nas etapas de pregrado, posgrao, especializada e super-especializada.

Docencia de pregrado
  • Formación teórica (clases teóricas) da materia de Aparello Dixestivo correspondente ao cuarto curso do Grao de Medicina da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Programa de prácticas e titorías de alumnos de terceiro, cuarto e sexto curso do Grao de Medicina da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Dirección e titoría de traballos de fin de grao (TFG) de alumnos de sexto curso do Grao de Medicina da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.
Docencia de posgrao e formación especializada
  • Dirección de teses doutorais correspondentes aos estudos de terceiro ciclo da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Formación especializada de Médicos Internos Residentes da especialidade de Aparello Dixestivo. O Servizo está acreditado para a formación de dous médicos residentes anuais.
  • Formación especializada en áreas específicas da especialidade (enfermidades do páncreas, ecoendoscopia, CPRE e endoscopia avanzada, enfermidade inflamatoria intestinal, enfermidades hepáticas) de Médicos Internos Residentes da especialidade de Aparello Dixestivo procedentes doutros centros sanitarios de España.
Formación super-especializada
  • O Servizo de Aparello Dixestivo deseñou e desenvolveu o International Center for Education and Development in Gastroenterology (ICEDIG) xestionado pola Fundación Ramón Domínguez do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. A través de ICEDIG o Servizo de Aparello Dixestivo ofrece distintos programas de formación super-especializada para médicos especialistas de todo o mundo. Entre estes programas atópanse:
    • Programas Masterclass en Enfermidades do Páncreas e Insuficiencia Pancreática Exocrina.
    • Programas Masterclass en Ecografía Endoscópica
    • Programas de estadías prolongadas ou fellowship para formación super-especializada en:
      • Ecografía endoscópica
      • Colangiopancreatografía retrógrada endoscópica
      • Endoscopia dixestiva avanzada
      • Enfermidades do Páncreas
      • Enfermidade Inflamatoria Intestinal
Máis información sobre estes programas está dispoñible na web www.icedig.info.  

Etiqueta

dixestivo, docenci

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades do sistema dixestivo, Formación e Docencia

Interésame

-

Grupos de información

-