h1

Título

Misión, visión e valores do Servizo de Pediatría

Texto destacado

pediatria


Misión

A MISIÓN do Servizo de Pediatría é fomentar e protexer a saúde integral e o benestar dos nenos e as súas familias na nosa área con atención de máxima calidade e eficacia a través da excelencia asistencial, docente e investigadora, buscando permanentemente solucións innovadoras a través dun marcado carácter traslacional, liderando a investigación e a xeración de coñecemento, e formando á seguinte xeración de líderes en saúde infantil.

Visión

O Servizo de Pediatría ten como visión, ser a referencia asistencial de calidade en saúde infantil para Galicia, o modelo asistencial de carácter traslacional para o SERGAS, e unha referencia internacional en áreas pediátricas específicas de marcado compoñente traslacional, universalizando os avances centrados nos nosos doentes, a calquera neno independentemente da súa procedencia.

Valores

No desenvolvemento da súa actividade terá presentes os seguintes valores:

  • Compromiso cos doentes, familia, comunidade e país, co obxectivo de:
    • Asegurar que cada doente sexa tratado con humanidade e con respecto.
    • Traballar para proporcionar a todos os doentes acceso a coidados de calidade, incluíndo a súa inclusión en ensaios clínicos.
    • Velar polo respecto do principio de beneficio e autonomía do doente.
    • Comprometerse co Sistema Público de Saúde, asegurando os seus valores, especialmente a equidade, a xustiza e a sosteñibilidade.
  • Integridade. Todos os membros do Servizo de Pediatría da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela exercitaran a integridade en todas as súas actuacións:
    • Mantendo a misión e valores do Servizo, independentemente de presións financeiras, políticas ou outras.
    • Promocionando os estándares éticos máis elevados en todos os aspectos da investigación clínica.
    • Respectando á privacidade a protección e a confidencialidade
    • Estando abertos ás valoracións, tanto internas como externas, do noso traballo.
  • Competencia clínica. O Servizo de Pediatría traballará para asegurar a excelencia no coidado dos seus doentes:
    • Esforzándose para maximizar a calidade en todos os aspectos da asistencia médica.
    • Potenciando e integrando a vertente docente e investigadora na mellor asistencia do doente.
    • Ofertando programas formativos para cubrir as necesidade de adquirir novos coñecementos e habilidades para os membros do servizo.
    • Promocionar a mellor asistencia baseada na experiencia a través da creación de guías de práctica clínica.
    • Traballar en colaboración con todas as partes interesadas.
  • Innovación. Compromiso coa innovación en investigación e na asistencia sanitaria:
    • Estimulando a orixinalidade na investigación.
    • Perseguindo a melloría dos tratamentos das enfermidades pediátricas, estando abertos ás novas ideas, axentes terapéuticos e prácticas clínicas, promovendo a continua avaliación da súa eficacia e seguridade.
    • Evolucionar, avanzar, crecer, innovar, e competir para garantir a dispoñibilidade dos mellores medios na asistencia pediátrica.
    • Facilitar a divulgación dos resultados en toda a comunidade científica, sempre tendo como premisa que o seu impacto social sexa perceptible e entendible.
  • Traballo en equipo:
    • Apoiando a integración de todos os profesionais na atención do doente pediátrico.
    • Garantindo que o equipo sexa a base sobre a que se desenvolvan as diferentes iniciativas asistenciais.
    • Respectando a diversidade de opinións dos compañeiros de traballo e doente
  • Eficiencia:
    • Buscando conseguir un equilibrio económico-financeiro como garantía para a viabilidade e o desenvolvemento do Servizo de Pediatría.
    • Promovendo que cada persoal do Servizo integre no seu traballo habitual a utilización eficiente dos recursos dispoñibles.
    • Contribuír á sosteñibilidade do noso sistema sanitario mediante a procura de novos modelos de xestión económica eficiente e a procura de novas fontes de financiamento e sinerxías económicas.
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios

Interésame

-

Grupos de información

-