h1

Título

Docencia e investigación no Servizo de Pneumoloxía

Texto destacado

Equipo Pneumoloxía

O Servizo de Pneumoloxía participa na docencia pregrao da Facultade de Medicina, na da especialidade de Pneumoloxía e na formación postdoctoral.

  • Programa MIR acreditado: O Servizo de Pneumoloxía participa no programa acreditado MIR de Pneumoloxía e recibe residentes doutros Centros e Comunidades.
  • Sesións clínicas multidisciplinares.
  • Dirección de Teses doutorais.
  • Cursos de formación continuada.

O Servizo de Pneumoloxía participa en proxectos de investigación a través da súa participación en ensaios clínicos:

  • Título do proxecto: Derrame pleural paraneumónico: valor diagnóstico e prognóstico da determinación de biomarcadores de resposta inflamatoria no líquido pleural (bolsa 126/2012). Data de inicio / final do proxecto: 2013/2017
  • Título do proxecto: Validación da eficiencia diagnóstica da determinación de calprotectina en líquido pleural: estudo multicéntrico. Axencia financiadora: Convocatoria de axudas de Proxectos de Investigación en Saúde (Expediente PI13/01538)
  • Título do proxecto: Estudo da influencia do equilibrio T efector/T regulador sobre os niveis de sCD26 en plasma e a gravidade da asma. Axencia financiadora: Convocatoria de axudas de Proxectos de Investigación en Saúde. Expediente PI13/02046.​
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Investigación, Información sobre saúde, Enfermidades do sistema respiratorio, Formación e Docencia

Interésame

-

Grupos de información

-