h1

Título

Misión, visión e valores da Unidade de Retina Cirúrxica e Tumores Intraoculares do Adulto

Texto destacado

Hospital Clínico


Misión

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela é a estrutura organizativa de xestión sanitaria integrada polos centros de asistencia primaria e hospitalaria da área de Santiago de Compostela pertencentes á rede sanitaria pública do Servicio Galego de Saúde. A súa prestación de servizos sanitarios céntrase nas necesidades da cidadanía e fundaméntase na calidade, o desenvolvemento interdisciplinar e integral dos procesos asistenciais e a continuidade asistencial. A Unidade de Retina Cirúrxica e de Tumores Intraoculares do Adulto do Servizo de Oftalmoloxía desenvolve a súa actividade dentro deste marco, coas seguintes misións: 

  • Atención integral do paciente con patoloxía vitreorretiniana e tumores intraoculares, tanto da área sanitaria como doutras áreas ou Comunidades Autónomas, ao ser nomeado centro de referencia para Tumores Intraoculares do Adulto do Sistema Nacional de Saúde (CSUR). 
  • Atención centrada no cidadán con a maior calidade e eficiencias posibles. 
  • Actualización continua dos seus profesionais e compromiso coa docencia e a investigación.

Visión

A Unidade de Retina Cirúrxica e de Tumores Intraoculares do Adulto aspira a coidar da saúde visual da poboación galega e española mellorando a súa calidade de vida a través de promocionar a prevención e o tratamento precoz das enfermidades, buscando a excelencia na asistencia, a investigación, a docencia e o intercambio científico nacional e internacional; así como promover o coñecemento da oftalmoloxía e os seus modos de enfermidade .

Valores

  • Compromiso cos obxectivos do hospital e sentido de pertenza ao mesmo .
  • Ética e respecto ás persoas, os seus dereitos e valores.
  • Orientación ao paciente para satisfacer as súas necesidades e expectativas.
  • Humanidade na atención e respecto polo paciente.
  • Procura permanente da excelencia asistencial, docente e investigadora.
  • Práctica da medicina baseada na mellor evidencia científica dispoñible.
  • Relación entre profesionais baseada en accesibilidade , confianza e transparencia.
  • Responsabilidade profesional, corporativa e social.
  • Equidade na atención sanitaria.
  • Esforzo para a utilización eficiente dos recursos.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios

Interésame

-

Grupos de información

-