h1

Título

Misión, visión e valores do Servizo de Neurocirurxía

Texto destacado

Hospital Clínico


Misión

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, do Servizo Galego de Saúde, é un servizo de atención sanitaria público, baseado nunha atención sanitaria de calidade e especializada na atención de procesos clínicos complexos que asegura a asistencia nunha contorna accesible, respectuosa e amable co paciente. Neste marco desenvólvese a actividade do Servizo de Neurocirurxía coa misión de: prestar aos pacientes a mellor asistencia posible na patoloxía do sistema nervioso central e periférico, tratando de buscar a excelencia na atención prestada e buscando o liderado Neuroquirúrxico dentro da nosa Comunidade Autónoma e en España.

Visión

Situar ao Servizo de Neurocirurxía da EOXI de Santiago como unha referencia na súa especialidade, dentro e fóra da nosa Comunidade e tanto nos ámbitos asistenciais como docentes e de investigación, que actúe dentro da estrutura da EOXI como un motor de innovación e progreso.

Valores

A vocación de servizo público ha de ser fundamental nun xestor de sanidade pública e nos membros das Unidades e Servizos. Só así poderá desenvolverse un grupo, limitado ás veces no seu progreso polas dificultades económicas e as rixideces do sistema sanitario. A desagregación dos nosos valores podería ser o que segue:

  • O compromiso co servizo público e cos nosos cidadáns, buscando a súa satisfacción e xestionando a asistencia con equidade.
  • A procura da excelencia como motor incesante dunha maior calidade.
  • Responsabilidade na oferta e prestación da mellor asistencia posible con carácter gratuíto e universal.
  • A transparencia na toma de decisións e relacións, tanto dos recursos como a dos criterios de participación dos profesionais na actividade do Servizo.
  • Práctica da medicina e cirurxía baseada na mellor evidencia científica dispoñible en cada momento.
  • Conseguir unha relación entre profesionais baseada na accesibilidade, confianza e transparencia.
  • Organización baseada no respecto mutuo e favorecer as iniciativas individuais.
  • Responsabilidade social.
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios

Interésame

-

Grupos de información

-