h1

Título

Carteira de servizos do Servizo de Neuroloxía

Texto destacado

Hospital Clínico


O Servizo de Neuroloxía atende á totalidade dos procesos neurolóxicos da poboación da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, para o que dispón, tanto a nivel de hospitalización, como de consulta ambulatoria, das seguintes unidades funcionais (todas elas multidisciplinares en colaboración con outros servizos da área de neurociencias, así como doutros servizos hospitalarios).

O Servizo de Neuroloxía atende a unha porcentaxe de pacientes entre o 12.8 e o 51.4% do total dos pacientes atendidos (media 19.9%), procedentes doutras áreas sanitarias de Galicia e do resto de España. Esta porcentaxe vén condicionado tamén pola existencia de 3 unidades asistenciais que obtiveron a cualificación de unidades de referencia a nivel nacional (CSUR):

  • A.- CSUR Epilepsia Refractaria.
  • B.- CSUR Cirurxía trastornos do movemento.
  • C.- CSUR Enfermidades desmielinizantes.

O Servizo de Neuroloxía atende a consulta neurolóxica do Hospital Comarcal do Barbanza (Ribeira), cun neurólogo do Servizo que se despraza 3 días á semana.

CARTEIRA DE SERVIZOS:
  • 1. Gardas de Neuroloxía (24 horas ao día, 365 días ao ano).
  • 2. Hospital Neurolóxico de día (5 camas, 5 días á semana).
  • 3. Neuroloxía xeral:
    • 16 camas na planta 3ª do edificio B do Hospital Clínico Universitario.
    • 26 consultas semanais no Hospital Clínico.
    • 4 consultas semanais no Hospital Provincial.
    • 3 consultas semanais no Hospital do Barbanza.
    • Interconsultas hospitalarias de pacientes ingresados noutros servizos no Hospital Clínico, no Hospital Provincial, no Hospital Gil Casares e no Hospital do Barbanza.
  • 4. Neuroloxía vascular:
    • Unidade de Ictus (4 camas monitoradas).
    • Teleictus cos Hospitais do Salnés e dá Barbanza.
    • 20 camas na planta 3ª do edificio B do Hospital Clínico.
    • 2 consultas semanais de neuroloxía vascular.
    • Laboratorio de neurosonoloxía. 1 consulta semanal de neurosonoloxía.
    • 1 consulta semanal de neurocardioloxía.
  • 5. Enfermidades neurodexenerativas:
    • 5.1. Movementos anormais:
      • 3 consultas semanais.
      • 3 consultas semanais de cirurxía de parkinson.
      • 2 consultas semanais de toxina botulínica.
      • 2 consultas semanais de bombas de apomorfina.
      • 1 consulta semanal de bombas de duodopa.
    • 5.2. Demencias:
      • 9 consultas semanais de demencias.
      • e-consulta diaria.
    • 5.3. Neuropsicoloxía:
      • 5 consultas semanais de neuropsicoloxía.
  • 6. Epilepsia e soño:
    • 6.1. Epilepsia:
      • 2 camas de monitoraxe de vídeo-EEG na planta 3ª do edificio B do Hospital Clínico Universitario.
      • 7 consultas semanais de epilepsia.
      • 1 consultas semanais de epilepsia refractaria/marcapasos vagales.
    • 6.2. Soño
      • 1 consulta semanal de patoloxía do soño
    • 7. Neuroinmunoloxía:
      • 6 consultas semanais de esclerose múltiple.
    • 8. Cefaleas:
      • 4 consultas semanais de cefaleas crónicas.
      • 2 consulta semanal de toxina botulínica en cefaleas.
    • 9. Neuromuscular:
      • 1 consulta semanal de ELA.
      • 4 consultas semanais de enfermidades neuromusculares.
    • 10. Neurooncoloxía:
      • 1 consulta semanal de neurooncoloxía.
    • 11. Neuroxenética:
      • 1 consulta semanal de neuroxenética.
    • 12. Autismo:
      • Neurólogo de referencia para Autismo e outros Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento.
TÉCNICAS POR PROCESOS
  • 1. Neuroloxía xeral:
    • Punción lumbar.
    • Punción lumbar con test de infusión en sospeita de hidrocefalia normotensiva.
    • Parche hemático.
  • 2. Unidade de Parkinson e trastornos do movemento:
    • Test de levodopa.
    • Test de apomorfina.
    • Test cronometrados.
    • Videofilmación protocolizada para valoración cirúrxica e postquirúrgica.
    • Programación de parámetros de estimulación.
    • Protocolización para a cirurxía da enfermidade de Parkinson e outros trastornos do movemento.
    • Aplicación de infusores de apomorfina.
    • Aplicación de infusores de duodopa.
    • Aplicación de toxina botulínica.
  • 3. Área neurovascular e unidade de ictus:
    • Dúplex de troncos supraórticos:
      • Determinación do índice íntima-media.
      • Cuantificación da placa de ateroma.
      • Cuantificación do grao de estenosis.
    • Doppler/dúplex transcraneal:
      • Detección de estenosis intracraneales.
      • Sonotrombólisis.
      • Detección de vasoespasmo cerebral.
      • Diagnóstico neurosonolóxico de morte cerebral.
      • Test de microburbullas para a detección de shunt dereita-esquerda.
      • Estudo neurosonolóxico da rede venosa cerebral.
      • Estudo neurosonolóxico das hidrocefalias.
      • Control neurosonolóxico das hemorraxias intracerebrales.
      • Estudo neurosonolóxico da substancia negra en pacientes con sospeita de enfermidade de Parkinson.
    • Técnicas de monitoraxe transcraneal:
      • Monitoraxe do tratamento recanalizador.
      • Estudo de reserva hemodinámica cerebral:
        • Test de apnea.
        • Test de carbóxeno.
      • Monitoraxe para a detección de microembolias.
    • Avaliación do risco vascular:
      • Vasodilatación dependente do endotelio.
      • Índice nocello-brazo.
    • Estudo neurosonolóxico da órbita:
      • Diagnóstico de neuritis óptica.
      • Valoración da hipertensión intracraneal.
    • Estudo neurosonolóxico de vasculitis cerebrais:
      • Doppler de arteria temporal, vertebral, oftálmica e occipital.
      • Selección para a zona de biopsia da arteria temporal.
    • Estudo neurosonolóxico do sistema nervioso periférico:
      • Síndrome do túnel do carpo.
      • Atrapamientos nerviosos.
    • Implante de eléctrodos no ganglio esfenopalatino.
    • Neurointervencionismo.
  • 4. Unidade de neuroinmunoloxía:
    • Test de baclofeno intratecal.
    • Bandas oligoclonales.
    • Composite (9 buracos, 25 pasos e PASAT).
  • 5. Unidade de epilepsia:
    • Monitoraxe prolongada de vídeo-EEG.
    • Monitoraxe prolongada de vídeo-EEG con eléctrodos invasivos.
    • SPECT ictal.
    • Test de Wada.
    • Estimulación cortical.
    • Marcapasos vagales.
  • 6. Unidade neuromuscular:
    • Test de exercicio en isquemia.
    • Test da pinga seca.
    • Electromiografía.
    • Test de xeo.
    • Test do edophronio.
    • Biopsia muscular.
    • Biopsia de nervio periférico.
  • 7. Unidade de cefaleas:
    • Infiltracións locais.
    • Bloqueos anestésicos.
    • Infiltración pericraneal de toxina botulínica.
  • 8. Unidade de demencias:
    • Estudo neuropsicolóxico.
    • Escalas de valoración funcional.
    • Test de infusión para estudo de dinámica do líquido cefalorraquídeo.
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades do sistema nervioso

Interésame

-

Grupos de información

-