O Servizo de Neuroloxía atende á totalidade dos procesos neurolóxicos da poboación da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, para o que dispón, tanto a nivel de hospitalización, como de consulta ambulatoria, das seguintes unidades funcionais (todas elas multidisciplinares en colaboración con outros servizos da área de neurociencias, así como doutros servizos hospitalarios).
O Servizo de Neuroloxía atende a unha porcentaxe de pacientes entre o 12.8 e o 51.4% do total dos pacientes atendidos (media 19.9%), procedentes doutras áreas sanitarias de Galicia e do resto de España. Esta porcentaxe vén condicionado tamén pola existencia de 3 unidades asistenciais que obtiveron a cualificación de unidades de referencia a nivel nacional (CSUR):
- A.- CSUR Epilepsia Refractaria.
- B.- CSUR Cirurxía trastornos do movemento.
- C.- CSUR Enfermidades desmielinizantes.
O Servizo de Neuroloxía atende a consulta neurolóxica do Hospital Comarcal do Barbanza (Ribeira), cun neurólogo do Servizo que se despraza 3 días á semana.
CARTEIRA DE SERVIZOS:
- 1. Gardas de Neuroloxía (24 horas ao día, 365 días ao ano).
- 2. Hospital Neurolóxico de día (5 camas, 5 días á semana).
- 3. Neuroloxía xeral:
- 16 camas na planta 3ª do edificio B do Hospital Clínico Universitario.
- 26 consultas semanais no Hospital Clínico.
- 4 consultas semanais no Hospital Provincial.
- 3 consultas semanais no Hospital do Barbanza.
- Interconsultas hospitalarias de pacientes ingresados noutros servizos no Hospital Clínico, no Hospital Provincial, no Hospital Gil Casares e no Hospital do Barbanza.
- 4. Neuroloxía vascular:
- Unidade de Ictus (4 camas monitoradas).
- Teleictus cos Hospitais do Salnés e dá Barbanza.
- 20 camas na planta 3ª do edificio B do Hospital Clínico.
- 2 consultas semanais de neuroloxía vascular.
- Laboratorio de neurosonoloxía. 1 consulta semanal de neurosonoloxía.
- 1 consulta semanal de neurocardioloxía.
- 5. Enfermidades neurodexenerativas:
- 5.1. Movementos anormais:
- 3 consultas semanais.
- 3 consultas semanais de cirurxía de parkinson.
- 2 consultas semanais de toxina botulínica.
- 2 consultas semanais de bombas de apomorfina.
- 1 consulta semanal de bombas de duodopa.
- 5.2. Demencias:
- 9 consultas semanais de demencias.
- e-consulta diaria.
- 5.3. Neuropsicoloxía:
- 5 consultas semanais de neuropsicoloxía.
- 6. Epilepsia e soño:
- 6.1. Epilepsia:
- 2 camas de monitoraxe de vídeo-EEG na planta 3ª do edificio B do Hospital Clínico Universitario.
- 7 consultas semanais de epilepsia.
- 1 consultas semanais de epilepsia refractaria/marcapasos vagales.
- 6.2. Soño
- 1 consulta semanal de patoloxía do soño
- 7. Neuroinmunoloxía:
- 6 consultas semanais de esclerose múltiple.
- 8. Cefaleas:
- 4 consultas semanais de cefaleas crónicas.
- 2 consulta semanal de toxina botulínica en cefaleas.
- 9. Neuromuscular:
- 1 consulta semanal de ELA.
- 4 consultas semanais de enfermidades neuromusculares.
- 10. Neurooncoloxía:
- 1 consulta semanal de neurooncoloxía.
- 11. Neuroxenética:
- 1 consulta semanal de neuroxenética.
- 12. Autismo:
- Neurólogo de referencia para Autismo e outros Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento.
TÉCNICAS POR PROCESOS
- 1. Neuroloxía xeral:
- Punción lumbar.
- Punción lumbar con test de infusión en sospeita de hidrocefalia normotensiva.
- Parche hemático.
- 2. Unidade de Parkinson e trastornos do movemento:
- Test de levodopa.
- Test de apomorfina.
- Test cronometrados.
- Videofilmación protocolizada para valoración cirúrxica e postquirúrgica.
- Programación de parámetros de estimulación.
- Protocolización para a cirurxía da enfermidade de Parkinson e outros trastornos do movemento.
- Aplicación de infusores de apomorfina.
- Aplicación de infusores de duodopa.
- Aplicación de toxina botulínica.
- 3. Área neurovascular e unidade de ictus:
- Dúplex de troncos supraórticos:
- Determinación do índice íntima-media.
- Cuantificación da placa de ateroma.
- Cuantificación do grao de estenosis.
- Doppler/dúplex transcraneal:
- Detección de estenosis intracraneales.
- Sonotrombólisis.
- Detección de vasoespasmo cerebral.
- Diagnóstico neurosonolóxico de morte cerebral.
- Test de microburbullas para a detección de shunt dereita-esquerda.
- Estudo neurosonolóxico da rede venosa cerebral.
- Estudo neurosonolóxico das hidrocefalias.
- Control neurosonolóxico das hemorraxias intracerebrales.
- Estudo neurosonolóxico da substancia negra en pacientes con sospeita de enfermidade de Parkinson.
- Técnicas de monitoraxe transcraneal:
- Monitoraxe do tratamento recanalizador.
- Estudo de reserva hemodinámica cerebral:
- Test de apnea.
- Test de carbóxeno.
- Monitoraxe para a detección de microembolias.
- Avaliación do risco vascular:
- Vasodilatación dependente do endotelio.
- Índice nocello-brazo.
- Estudo neurosonolóxico da órbita:
- Diagnóstico de neuritis óptica.
- Valoración da hipertensión intracraneal.
- Estudo neurosonolóxico de vasculitis cerebrais:
- Doppler de arteria temporal, vertebral, oftálmica e occipital.
- Selección para a zona de biopsia da arteria temporal.
- Estudo neurosonolóxico do sistema nervioso periférico:
- Síndrome do túnel do carpo.
- Atrapamientos nerviosos.
- Implante de eléctrodos no ganglio esfenopalatino.
- Neurointervencionismo.
- 4. Unidade de neuroinmunoloxía:
- Test de baclofeno intratecal.
- Bandas oligoclonales.
- Composite (9 buracos, 25 pasos e PASAT).
- 5. Unidade de epilepsia:
- Monitoraxe prolongada de vídeo-EEG.
- Monitoraxe prolongada de vídeo-EEG con eléctrodos invasivos.
- SPECT ictal.
- Test de Wada.
- Estimulación cortical.
- Marcapasos vagales.
- 6. Unidade neuromuscular:
- Test de exercicio en isquemia.
- Test da pinga seca.
- Electromiografía.
- Test de xeo.
- Test do edophronio.
- Biopsia muscular.
- Biopsia de nervio periférico.
- 7. Unidade de cefaleas:
- Infiltracións locais.
- Bloqueos anestésicos.
- Infiltración pericraneal de toxina botulínica.
- 8. Unidade de demencias:
- Estudo neuropsicolóxico.
- Escalas de valoración funcional.
- Test de infusión para estudo de dinámica do líquido cefalorraquídeo.