h1

Título

Misión, visión e valores do Servizo de Neuroloxía

Texto destacado

Hospital Clínico


Misión

A misión do Servizo de Neuroloxía é diminuír o impacto na saúde da poboación asignada á Xerencia Integrada de Santiago de Compostela por padecer enfermidades neurolóxicas e mellorar a súa calidade de vida.

Visión

O Servizo de Neuroloxía pretende confirmar e incrementar o seu papel como referente galego, nacional e internacional na atención de procesos que afectan o sistema nervioso, tanto para pacientes, como para profesionais.

Valores
  • Compromiso cos pacientes co obxectivo de:
    • Asegurar que cada paciente con patoloxía neurolóxica sexa tratado con humanidade e con respecto.
    • Traballar para proporcionar a todos o pacientes acceso a coidados de calidade, incluíndo a súa inclusión en ensaios clínicos.
    • Velar polo respecto do principio de beneficio e autonomía do paciente.
    • Comprometerse co Sistema Público de Saúde, asegurando os seus valores, especialmente a equidade, a xustiza e a sustentabilidade.
  • Integridade. Todos os membros do Servizo de Neuroloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela exercitarán a integridade en todas as súas actuacións:
    • Mantendo a misión e valores do Servizo, independentemente de presións financeiras, políticas ou outras.
    • Promocionando os estándares éticos máis elevados en todos os aspectos da investigación clínica.
    • Respectando a privacidade e a protección da confidencialidade.
    • ​Estando abertos ás valoracións, tanto internas como externas, do noso traballo.
  • Competencia clínica. O Servizo de Neuroloxía traballará para asegurar a excelencia no coidado dos pacientes neurolóxicos:
    • Esforzándose para maximizar a calidade en todos os aspectos da asistencia médica.
    • Apoiando a investigación.
    • Ofertando programas formativos para cubrir as necesidade de adquirir novos coñecementos e habilidades para os membros do Servizo de Neuroloxía. Promocionar a mellor asistencia baseada na experiencia a través da creación de guías de práctica clínica.
    • Traballar en colaboración con todas as partes interesadas.
  • Innovación. Compromiso coa innovación en investigación e na asistencia sanitaria:
    • Estimulando a orixinalidade na investigación.
    • Perseguindo a melloría dos tratamentos das enfermidades neurolóxicas, estando abertos ás novas ideas, axentes terapéuticos e prácticas clínicas, promovendo a continua avaliación da súa eficacia e seguridade.
    • Facilitar a divulgación dos resultados en toda a comunidade científica e -sempre que sexa oportuno e sen causar alarmas ou esperanzas infundadas- a toda a poboación.
  • Traballo en equipo:
    • Apoiando a integración de todos os profesionais na atención do paciente neurolóxico.
    • Garantindo que o equipo sexa a base sobre a que se desenvolvan as diferentes iniciativas asistenciais.
    • Respectando a diversidade de opinións dos colegas, compañeiros de traballo e pacientes.
  • Eficiencia:
    • Buscando conseguir un equilibrio económico-financeiro como garantía para a viabilidade e o desenvolvemento do Servizo de Neuroloxía.
    • Promovendo que cada persoa do Servizo de Neuroloxía integre no seu traballo habitual a utilización eficiente dos recursos dispoñibles.
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades do sistema nervioso

Interésame

-

Grupos de información

-