h1

Título

Organización da asistencia psiquiátrica

Texto destacado

Hospital Clínico

A atención psiquiátrica e de Saúde mental de adultos céntrase nas Unidades de Saúde Mental cos seguintes obxectivos:

Obxectivos Xerais

  • Aumentar o nivel de S.M. de área.
  • Mellora global da atención ao enfermo mental.
  • Mellora das prestacións extrahospitalarias.
  • Diminuír a marxinación e o illamento xerado pola enfermidade mental (en colaboración con servizos sociais).
  • Aumentar a calidade de vida dos sectores da poboación que presentan problemas mentais.

Obxectivos asistenciais

  • Diminuír a morbilidade psiquiátrica.
  • Diminuír os factores do medio que inciden desfavorablemente na S.M.
  • Protexer a grupos de risco
  • Reinserción precoz no seu medio.
  • Fomentar actitudes e hábitos positivos
  • Aumentar a capacidade de resolución de problemas de Saúde Mental dos equipos de Atención Primaria.
  • Vixilancia epidemiolóxica.
Unidades de Saúde Mental

As Unidades de Saúde Mental atenden a demanda de atención psiquiátrica e aos problemas relacionados coa saúde mental, xerada principalmente desde atención primaria e especializada, aínda que en ocasións xérase demanda directamente desde institucións non sanitarias.

As Unidades de Saúde Mental da área de santiago de Compostela son:

  • USM I
    • Localización: Ambulatorio de Fontiñas
    • Poboación asistida: 40.594
    • Hospital clínico, Consultas externas:
    • Poboación asistida: 45.559
      • Ordes, MesÍa, Frades, Trazo, Tordoia, Val do Dubra, Oroso, A Baña, Negreira, Brión e Poboación Urbana de Santiago segundo cupos.
  • USM II
    • Localización: Ambulatorio Concepción Arenal
    • Poboación asistida: 68.609
      • Poboación Urbana de Santiago segundo cupos
  • USM III
    • Localización: Centro de saúde de Conxo, 1ª Planta
    • Poboación asistida: 71.330
      • Teo, A Estrada, Cuntis, Rianxo, Dodro, Rois, Padrón, Pontecesures, Valga e poboación urbana de Santiago segundo cupos.
  • USM IV
    • Localización: Centro de saúde de Conxo, 1ª Planta
    • Poboación asistida: 76.992
      • Ames, Boqueixón Vedra, Santa Comba, Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro, e Poboación Urbana de Santiago segundo cupos.
  • USM V
    • Localización: Centro de atención primaria de Noia.
    • Poboación asistida: 42.283
      • Mazaricos, Carnota, Outes, Muros, Noia, Lousame e Urdilde (Rois)
  • USM VI
    • Localización: Fundación Hospital da Barbanza
    • Poboación asistida: 56.745
      • Concellos de Pobra e Riveira, Boiro e Porto do Son
  • USM VII
    • Localización: Ambulatorio de Lalín
    • Poboación asistida: 37.823
      • Concellos de A Golada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais, Persoal licenciado sanitario, Persoal sanitario diplomado ou técnico, Investigadores/as

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Sobre a nosa organización, Saúde mental, Información sobre saúde, Desordes mentais, Adiccións e drogodependencias

Interésame

-

Grupos de información

-