h1

Título

Unidade de Esclerose Múltiple

Texto destacado

clinico

A Unidade de Esclerose Múltiple, integrada dentro do Servizo de Neuroloxía da estructura organizativa da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela (XXIS), é unha unidade asistencial interdisciplinar dedicada ao estudio, diagnóstico, tratamiento e prevención desta enfermidade.

Presta servicios asistenciais á poboación incluída na área de referencia desta Xerencia, así como de outras Estructuras Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) da rede do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). No ano 2012, a Unidade de Esclerose Múltiple foi designada Centro Superior de Unidade de Referencia (C.S.U.R.) a nivel nacional polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, capacitándoa para a asistencia de pacientes afectos de esclerose múltiple doutras comunidades autónomas.

A Unidade coordínase tamén con outros servizos ou unidades (Rehabilitación, Uroloxía, Xinecoloxía, Oftalmoloxía, Radiodiagnóstico, etc.) co obxectivo de ofrecer unha atención especializada, completa e personalizada. Así mesmo, actúa de forma integrada con outros dispositivos asistenciais (atención primaria, atención especializada ambulatoria, hospitais comarcais, etc.) para garantir a continuidade asistencial dos nosos pacientes.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais, Persoal licenciado sanitario, Persoal sanitario diplomado ou técnico, Investigadores/as

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades crónicas, Enfermidades do sistema nervioso

Interésame

Estou formándome, Guías

Grupos de información

-