h1

Título

Unidade de Nutrición Clínica e Dietética

Texto destacado

clinico

A Unidade de Nutrición Clínica e Dietética da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela pertence ao Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición, e ocúpase de manter ou conseguir un adecuado estado nutricional de pacientes de calquera nivel asistencial (hospitalización ou ambulatorios). Isto realízase mediante a prevención, valoración, diagnóstico, establecemento de soporte nutricional cando sexa necesario, e seguimento dos pacientes con desnutrición ou en risco de padecela.


De maneira detallada as súas funcións son:

  • Atención a pacientes externos e hospitalizados con patoloxías nutricionais de forma directa ou como apoio a outras unidades.
  • Realización de probas diagnósticas de valoración nutricional que requira a patoloxía obxectivo.
  • Prescrición, control e avaliación da nutrición artificial tanto en pacientes hospitalizados como ambulatorios.
  • Organizar a alimentación oral mediante a elaboración do código de dietas orais dos pacientes hospitalizados e colaborar no control da calidade.
  • Prestar estes servizos coa maior eficiencia, fomentando así mesmo a investigación clínica e a docencia.

Todo iso sempre levado desde a visión de alcanzar a excelencia clínica na atención das enfermidades nutricionais, considerando a excelencia clínica como un concepto integral, influír na percepción e nos hábitos da sociedade e constituírnos nun grupo de referencia local e nacional na área.

Esta Unidade enmárcase actualmente na estrutura orgánica da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, establecida no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde.

 

Etiqueta

nutrición, endocrinoloxía, unidade

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios

Interésame

-

Grupos de información

-