h1

imaxe investigación ANR


A pneumonía, a sepse e a lesión pulmonar aguda (ARDS) son algunhas das complicacións orixinadas nunha infección, que se asocian cunha resposta inflamatoria mal regulada nos doentes críticamente enfermos.

Hoxe sábese que a resposta á infección por bacterias é un fenómeno en parte herdable, controlado por moitos xens. As variacións entre distintos individuos de multitude de xens que participan na defensa fronte á infección, poden explica-la capacidade dalgunhas persoas de respostar axeitadamente e explican os diferentes síntomas e signos clínicos, a resposta ó tratamento e a predisposición xenética a sufrir infeccións pulmonares e sistémicas. Algunhas variantes destes xens poderían determina-la susceptibilidade e a gravidade destas.

O propósito do presente estudo é identificar factores de risco para o desenvolvemento e gravidade da pneumonía, da sepse e da lesión pulmonar aguda. Para iso estúdianse variantes de distintos xens de gran relevancia nesta doenza, analizando a súa relación coa aparición e evolución de ditas complicacións.

Este proxecto realizouse en colaboración co CIBER de Enfermedades Respiratorias do Instituto de Salud Carlos III e co Multidisciplinary Organ Dysfunction Evaluation Research Network do Hospital Universitario Dr. Negrín, Las Palmas de Gran Canaria.