O Servizo de Farmacia (SF) proporciona prestación farmacéutica aos pacientes ingresados e externos da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela. A nosa misión é contribuír á mellora da saúde da poboación da área de Xestión Integrada de Santiago de Compostela a través do medicamento e do valor engadido dos seus profesionais á farmacoterapia. Contribuímos a consolidar un modelo sanitario innovador, centrado nos cidadáns e que asegure a continuidade asistencial.A nosa visión é ser un servizo centrado no paciente, que traballa apoiado nunha política de mellora continua da calidade e búsqueda da satisfacción do paciente7cliente de maneira aberta e participativa, consolidando ó farmacéutico como profesional de referencia na optimización da farmacoterapia polo recoñecemento da súa competencia e formación acreditada.
Os seus valores son o compromiso co paciente, a vocación de servizo, o compromiso coa sostenibilidade, a humanización do Servizo con protagonismo do sentimento de equipo e de empoderamento dos seus profesionais, a excelencia e a transparencia do noso facer.