Ademais da formación de residentes da especialidade, impulsando a asistencia a congresos e rotacións externas, realizamos docencia de pregrado na Facultade de Medicina cunha materia propia que neste momento é a máis extensa de España en canto a número de clases expositivas e, ligados á Universidade temos 1 Profesor Asociado LOU, 1 Asociado P3 e 4 Colaboradores Docentes.
Nos últimos 5 anos dirixíronse 7 tese doutoral e máis de 20 Traballos de Fin de Grao realizados baixo a supervisión dos membros do Servizo de Reumatoloxía.
Particípase activamente na Práctica clínica mediante a rotación en grupos de 12 alumnos pertencentes a cursos de 3º, 4º e 6º do Grao de Medicina. A calidade docente e a implicación da Reumatoloxía na nosa Facultade de Medicina fixo que, polo menos 15 alumnos, elixisen a especialidade vía MIR en diversos hospitais de España.
Practicamente desde a súa formación, este Servizo formou especialistas vía MIR en número de 30 e que hoxe en día ocupan postos de asistencia e de investigación na Sanidade Pública. Realízanse rotacións externas e, é de destacar, que outros MIR da especialidade veñen rotar ao noso Servizo, incluídos algúns de Sudamérica e de Portugal.
Realizamos programas de Preceptorships para reumatólogos suramericanos e para residentes españois, especialmente en formación en establecemento da actividade da artrite mediante exploración clínica, ecográfica e de resonancia.
Dous membros do Servizo forman parte da escola de ecografía da SER que ten unha das súas sedes no noso hospital.