h1

imaxe investigación


O acondicionamento consiste na aplicación de procedementos que teñan coma resultado aumenta-la resistencia dun tecido ó dano mediado por diferentes mecanismos, como pode se-la falla de osíxeno ou a resposta inflamatoria. Esta maior resistencia acádase potenciando as vías moleculares de protección celular, que se activarían normalmente ante diferentes situacións fisiopatolóxicas sobre os tecidos.

Fálase de pre-acondicionamento cando o procedemento ten lugar anticipándose ó dano, intra-acondicionamento cando se realiza ó mesmo tempo que se produce o dano, e post-acondicionamento cando se quere aumenta-la resistencia á lesión dun tecido que xa presenta déficit de osíxeno.

Mediante estudos en modelos in vitro de cultivos celulares, demostrámo-lo efecto de diferentes fármacos nestes mecanismos de acondicionamento.