h1

O seu médico valorará cando está en condicións de abandonar o hospital e cursaralle a alta.

Procurará notificaralle a data do alta coa suficiente antelación para que poida prepararse e transmitirllo aos seus familiares.

Informe médico

Daráselle un informe médico coa evolución do seu proceso durante a súa estancia no Hospital, e o informe de alta de enfermería sobre os coidados a seguir.

  • No informe tamén se lle especificará o tratamento e as recomendacións que deberá seguir no seu domicilio.
  • No caso de que o seu médico recomende unha revisión, no informe de alta constará o día e a hora da súa cita en consultas externas.

No seu Centro de Saúde, o médico e a enfermeira continuarán o seu tratamento e indicaranlle as recomendacións a seguir no seu domicilio.

  • Unha vez dado de alta a/o enfermeira/o do seu Centro de Saúde chamaralle por telefono (nun prazo que non exceda as 72 horas) para preguntarlle se ten algunha dúbida sobre os seus coidados e verificar que se están levando a cabo.

Cando acuda ao Centro de Saúde, o seu médico de cabeceira poderá ler este informe na Historia Clínica.

Alta voluntaria

Se por calquera motivo quixese abandonar o Hospital sen a autorización do médico, deberá asinar a alta voluntaria que exime ao equipo sanitario de calquera responsabilidade.

Vostede recibirá un informe coa asistencia prestada.

Horarios

Agradecémoslle que a partir de que lle sexan entregados os seus informes de alta, a súa habitación quede dispoñible o antes posible. Precisamos preparar a habitación para que ingresen outros pacientes. Por iso, sempre que sexa posible, pedirémoslle que abandone o cuarto antes das 11:00 horas da mañá.

Se por calquera circunstancia non puidese facelo antes dese horario rogámoslle que llo comunique con antelación á enfermeira que lle indicará onde esperar. A súa colaboración beneficiará a todos.

Obxectos persoais

Antes de abandonar o Hospital, asegúrese de que leva consigo todas as súas pertenzas.