h1

Título

Investigación en el Servicio de Farmacia

Texto destacado

Hospital Clínico

A investigación no noso Servizo enmárcase dentro do Grupo de Investigación Emerxente E034Farmacoloxía Clínica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) acreditado polo Instituto de Saúde Carlos III. Estanse a levar a cabo diferentes proxectos, tanto dentro do Servizo coma en colaboración con outros Centros, encamiñados á mellora da calidade asistencial dos nosos pacientes.

No campo da investigación clínica e traslacional, os intereses do noso grupo de investigación composto por membros do Servizo de Farmacia do EOXI de Santiago de Compostela, oriéntanse nunha serie de aspectos fundamentais:

  1. Personalización dos tratamentos farmacolóxicos: investigación e desenvolvemento de técnicas e métodos que permitan individualizar a utilización dos fármacos, mellorando a eficacia e diminuíndo os efectos adversos.
  2. Investigación, formulación e desenvolvemento de formas farmacéuticas.

As nosas liñas de investigación son as seguintes:

  • Monitoraxe terapéutica de fármacos. Modelado farmacocinético de predición posolóxica individualizada e de farmacoxenética dos medicamentos. Avaliación da inmunogenicidad das terapias biolóxicas como ferramenta práctica para a optimización e personalización da terapia.
  • A optimización galénica de medicamentos e formulacións maxistrais co fin de facilitar a administración de diferentes medicamentos en clínica e preclínica, realizando para iso estudos de toxicidade de principios activos e excipientes, caracterizacións reoloxicas de diferentes formulacións adaptadas a diversas vías de administración (oftálmica, transtimpanica, intranasal etc) así como a realización de estudos de liberación e difusión farmacocinética en diferentes compartimentos biolóxicos.
  • Adherencia terapéutica
INNOVACIÓN

No ano 2015 implantáronse diversos proyectos de innovación no Servizo.

  • Proxecto de mellora da seguridade e eficiencia do uso do medicamento no servizo de urxencias
  • Proxecto de innovación para mellora da experiencia do cliente da farmacia externa
  • Gemba Kaizen. Proceso S10- Revisión do protocolo de traballo na Unidade de Farmacia
 

Etiqueta

-

Público

Ciudadanía, Profesionales, Personal licenciado sanitario, Personal sanitario diplomado o técnico, Investigadores/as

Temas

Oferta asistencial, Servicios sanitarios, Investigación, Información sobre saúde, Formación y Docencia

Me interesa

Estoy investigando, Me estoy formando

Grupos de información

-