A consulta preanestésica é un paso necesario perante todo procedemento no que interveña un anestesiólogo. Nel se evalúan unha serie de aspectos:
-
Historia previa e actual do paciente.
-
Probas complementarias.
-
Procedementos cirúrxicos e/ou anestésicos ós que se vai someter o paciente.
Con toda esta información, se determinan:
-
O risco cirúrxico e anestésico dunha determinada persoa en relación ó procedemento a realizar.
-
A técnica ou técnicas anestésicas máis axeitadas.
-
Finalmente, expónselle ó paciente a información no tocante á técnica ou técnicas anestésicas a empregar. Nesta consulta ten lugar a sinatura do consentimento informado.
Contacto:
-
Hospital Clínico
-
Localización: H. Clínico, edificio C (Consultas Externas), andar 0, portas 007-010.
-
Teléfono: 981950674.
-
Hospital de Conxo
-
Localización: H. de Conxo, edificio de Consultas Externas, andar 1, porta 2.
-
Teléfono: 981951843.
-
Hospital da Barbanza
-
Localización: H. da Barbanza, andar 1, zona de Consultas Externas.
-
Teléfono: 981835985 (centraliña).