Formación MIR
O S. de Anestesioloxía do CHUS participa na formación de residentes ó través do desenvolvemento dun percorrido formativo que supón a adaptación do Plan da Especialidade e que aproba anualmente a Comisión de Docencia do Complexo.
Ademáis dunha activdade teórica concretada en sesións semanais, a aprendizaxe dos residentes materialízase en seminarios prácticos e xornadas anuais de simulación, engadíndose ás actividades periódicas que organiza a Asociación Galega de Anestesia, Reanimación e Terapéutica da dor e os frecuentes cursos promovidos polo Complexo.
O obxectivo común de tódolos membros do Servizo de Anestesioloxía redunda en lle ofrecer ó futuro anestesiólogo unha capacitación integral, baseada na consecución dunha sólida formación clínica e no desenvolvemento das habilidades non-técnicas inherentes á profesión.
A información completa sobre a formación MIR en Anestesioloxía pódese atopar nos seguintes vencellos:
Formación Continuada
Vencellos de interese:
Formación Pregrao Medicina
Os obxectivos propostos para esta parte específica da docencia, e as actitudes e habilidades que o alumno debe adquirir pódense resumir en:
- Preparación do alumno para a ensinanza da Patoloxía Médico Cirúrxica. O alumno debe coñecer os potenciais problemas que crean os tratamentos cirúrxicos dos enfermos.
- Preparación do alumno para a atención do paciente que presenta un cadro que compromete a súa vida.
- Deberá poder realizar unha Historia Clínica Xeral e unha Historia Clínica dirixida a un paciente cun síndrome doloroso, así coma a exploración correspondente e solicita-las probas complementarias máis importantes.
- Deberá coñecer as áreas de Coidados Críticos Postoperatorios, identificando os principais sistemas de tratamento que existen e as súas bases de funcionamento.
- Deberá saber que, inda que hai enfermidades que non teñen tratamento efectivo, a dor pódese aliviar sempre.
- Deberá familiarizarse co emprego de analxésicos opioides e non opioides, e coñecer a existencia doutras técnicas analxésicas que poden ser empregadas diante do fracaso dos analxésicos.
Vínculos de interés: