Pode presentarse en calquera dos centros sanitarios da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela empregando o modelo establecido.
Teñen dereito a solicitala:
- Paciente
- Representantes legais do paciente ou autorizados
- Menores: proxenitores titulares da patria potestade/ titores legais de menores de 16 anos
- Persoas incapacitadas: o titor legal
- En caso de pacientes falecidos: cónxuxe ou persoa vinculada por relación de feito similar; ascendentes e descendentes directos de 1º grado de consanguinidade (pais, fillos); parentes colaterais de 2º grao de consanguinidade (irmáns).
- No caso de persoas con outros grados de vinculación familiar ou de feito, debe acreditarse interese lexítimo e estar convenientemente motivada, que serán valorados polos responsables de tramitación.
- Por un terceiro, por risco obxectivo para a súa saúde.
No momento de presentar a solicitude aportarán o formulario de petición debidamente cumprimentado e a documentación acreditativa (ver documento INFORMACIÓN SOLITUDE DOCUMENTACIÓN CLÍNICA)
Na solicitude pode indicarse a motivación, que en todo caso é obrigada no caso de acceso de terceiros por risco obxectivo para a súa saúde.