En Galicia precísanse cada ano 125.000 doazóns de sangue para que moitas persoas poidan curar, e incluso, salva-la súa vida.
Para ser doante é necesario cumplir os seguintes requisitos:
- Ser maior de 18 e menor de 65 anos.
- Pesar máis de 50 Kg.
- Informarse sobre o SIDA e estar seguro de non pertencer a ningún grupo de risco.
- Non ter padecido hepatite ou convivir con pacientes que a padecesen nos últimos seis meses.
- Non ter padecido enfermidades infecciosas con febre e/ou tratada con antibióticos nos últimos quince días.
- Non residir nos últimos seis meses en zonas endémicas de paludismo.
- Non estar embarazada nin ter dado a luz nos últimos nove meses.
Calquera dúbida sobre estes requisitos, outras enfermidades ou medicamentos deberá consultalo co médico que atende ós doantes.
Centro de transfusión de Galicia
Luns a venres de 08:00 a 22:00 e sábados de 08:00 a 15:00
Avda. Monte da Condesa, s/n (Campus Sur) - 15706 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono Gratuito 900 100 828