h1

Título

Servizo de Medicina Interna

Texto destacado

clinico

Presentación

A Medicina Interna é unha especialidade médica global, que abrangue a atención ao enfermo ao longo de todo o proceso asistencial e que trata de integrar todos os aspectos que inflúen tanto na saúde como na enfermidade das persoas que son atendidas por un internista. En xeral, ningún proceso ou problema clínico que o enfermo padeza pode ser alleo á incumbencia e responsabilidade do internista, sendo o seu campo de actuación, polo tanto, practicamente ilimitado. Dito esto, cómpre reseñar que, actualmente, o control e tratamento das agudizacións de pacientes con enfermidades crónicas, idade avanzada e gran carga de comorbilidade, supón gran parte da carga asistencial da gran maioría dos servizos de medicina interna; sen olvidar en ningún momento outros aspectos como o diagnóstico de enfermos remitidos para estudo de alteracións clínicas, analíticas ou radiolóxicas, o diagnóstico e tratamento das enfermedades infecciosas, o manexo das enfermidades autoinmunes sistémicas e outros moitos. Ademáis, o papel da medicina interna como nexo de unión entre a Atención Primaria e Hospitalaria resulta capital, sendo un recurso fundamental para a optimización de recursos e organización do proceso asistencial dos pacientes.

O servizo de Medicina Interna da XXI de Santiago de Compostela está distribuído en diferentes unidades nos 3 centros que compoñen o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (Hospital Clínico, Hospital de Conxo e Hospital Gil Casares). O número de camas en conxunto oscila de forma importante cos picos de actividade asistencial, se ben a media se sitúa aproximadamente en torno ás 130 camas. Ademáis, a situación do personal facultativo pode variar ao lango do ano en función dos requerimentos e a actividade de cada centro, polo que a distribución que se reseña a continuación é meramente orientativa.

Unidades funcionais
  • Hospital Clínico:
    • Unidade de Medicina Interna Xeral (MIR)
    • Unidade Médica de Alta Precoz (UMAP)
    • Unidade de Enfermidades Infecciosas (EIF)
    • Sección de Interconsultas
    • Unidade de Enlace Urxencias-Medicina Interna
    • Unidade de Hepatoloxía
    • Unidade de Enfermidades Metabólicas do Adulto
    • Unidade de Inmunoloxía Clínica
    • Unidade de Hipertensión e Risco Cardiovascular
    • Consulta Xeral de Medicina Interna
    • Consulta de Alta Resolución de Medicina Interna
    • Consulta electrónica (e-consulta)
    • Consulta de Insuficiencia Cardiaca
  • Hospital de Conxo:
    • Unidade de Medicina Interna e Pluripatoloxía (MIRP)
    • Consulta Xeral de Medicina Interna
    • Hospital de Día de Medicina Interna
  • Hospital Gil Casares:
    • Unidade de Medicina Interna Xeral (MIRG)
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios

Interésame

-

Grupos de información

-