HADO xorde como unha fórmula alternativa á hospitalización clásica co fin de mellorar a xestión das camas hospitalarias, conseguir unha maior integración entre paciente, familia e persoal sanitario e servir de ponte entre AP e especializada.
HADO atende pacientes en toda a cidade de Santiago e ata 25 Km da Unidade e para o seu ingreso é preciso cumprir algúns requisitos:
-
A vivenda estará na área de actuación de HADO.
-
A patoloxía será aguda estable ou crónica reagudizada. Actualmente tamén Coidados Paliativos en domicilio
-
Requírese existencia de coidador informal
-
O paciente e/ou familia han de querer optar por este tipo de hospitalización.
O persoal facultativo de HADO forma parte tamén da UPAL e de UME e realiza rotacións polas 3 Unidades.
HORARIO:
-
08:00 a 15:00 todos os días de semana.
-
14: 00 a 21:00 1 DUE e sábados e festivos: 1 DUE de 08:00 h a 21:00 h en colaboración con 061 e PAC.
Dispoñemos de 5 coches da empresa para os desprazamentos e dependemos directamente da Dirección Médica.
En total HADO conta con 7 DUEs (6 + supervisora) e 3 dos 8 médicos que conforman HADO-UME-UPAL.
Contacto |
Modalidades Asistenciais |
Hospitais nos que está presente |
|
|
|