h1

Título

Servizo de Cardioloxía

Texto destacado

A misión do Servizo de Cardioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela é contribuir a mellorar a saúde cardiovascular da poboación desta área sanitaria a través dunha atención óptima ós nosos doentes, unha investigación de máximo nivel en cardioloxía e unha excelente formación dos profesionais. O Servizo de Cardioloxía desenvolve nos últimos anos unha estratexia de mellora continua da calidade nas áreas asistenciais, docente e investigadora, apostando pola innovación sanitaria, a nivel tecnolóxico e de servizos. Un dos principais obxectivos do servizo é a mellora e implantación de novos servizos asistenciais, estructurados e controlados, que aseguran unha maior calidade e seguridade fronte ós modelos convencionais, prestando especial interés ás análises de sostenibilidade, escalabilidade e eficiencia no consumo de recursos. Outro dos obxectivos estratéxicos do servizo é mellorar a experiencia dos usuarios, para o que os proxectos de mellora incorporan a análise sistemática e estructurada da experiencia dos usuarios. No ano 2015 a actividade asistencial consolídase cos máis altos niveis de calidade na atención ás enfermidades cardiovasculares agudas, con indicadores de mortalidade e morbilidade que nos sitúan por encima dos estándares da atención cardiolóxica nacionais.

Relación de unidades funcionais:

  • Dolor torácico
  • Electrofisioloxía e arritmias
  • Hemodinámica
  • Insuficiencia cardiaca
  • Imaxe cardíaca
  • Rehabilitación cardiaca

Unidades especiais:

  • Urxencias cardiolóxicas 24 horas
  • Xestión integrada por procesos asistenciais
  • Unidade de coidados coronarios agudos e intermedios
  • Planta de hospitalización con telemetría
  • Unidade de dor torácico
  • E-consultas (on-line). Consulta acto único
  • Unidade de enfermidades conxénitas do adulto e miocardiopatías
  • Programa de rehabilitación cardíaca e prevención secundaria
  • Unidade de insuficiencia cardíaca
  • Consulta de cardiotoxicidade
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades cardiocirculatorias

Interésame

-

Grupos de información

-